sponsor

Cambiar tamaño del texto


Sports

Tamaño del texto: 10 12 14 16 18

"Somos a oposición ao PP", di Guillerme Vázquez a El País.

Santiago de Compostela, 28 Febreiro 10. Nunha entrevista concedida á edición galega de El País, e asinada polo xornalista Daniel Salgado, o líder do BNG avalía distintos aspectos tanxentes á Lei de Caixas, fai un balanzo do primeiro ano Feijóo e valora a situación do debate lingüístico após o suceso das diferentes convocatorias de Queremos Galego.

"O BNG é unha forza política que se move con total independencia e ninguén dubida de que somos a oposición ao PP neste momento e neste País, mais o que non imos é a evitar unha coincidencia puntual polo que dirán", asegura e, ao tempo, remarca: "A iniciativa nas caixas foi nosa e quen se suma ás teses do BNG é o PP. Oxalá a dereita se sumase tamén aos nosos plantexamentos lingüísticos, oxalá".

É obxectivo básico do BNG "atacar a política ausente do PP verbo da crise e o xiro á dereita de Zapatero"Sobre os obxectivos básicos do BNG neste curso político, aclara: "O BNG ten definido como obxectivo básico atacar a política ausente do PP verbo da crise e o xiro á dereita do Goberno central".

O horizonte que ve o portavoz nacional para as municipais 2010 está bastante despexado: "Hai unha boa percepción social da actividade do BNG. As últimas enquisas apuntan á recuperación da confianza dos cidadáns no Bloque".

Fashion