sponsor

Cambiar tamaño del texto


Sports

Tamaño del texto: 10 12 14 16 18


A FeSP esixe a dimisión do Ministro del Interior


 
01 de decembro de 2014.- A Junta Ejecutiva Federal da Federación de Sindicatos de Periodistas (FeSP) fixo público un comunicado no que denuncia que ao manter a ‘Lei Mordaza’, pese ás críticas xeralizadas, parece que pretende reprimir as protestas cidadás e a información xornalística. A FeSP denuncia que o Tratado Trasatlántico de Comercio e Inversións afecta negativamente ao dereito á información.

Federación de Sindicatos de Periodistas (FeSP) reclama a dimisión ou destitución do Ministro del Interior, Jorge Fernández Díaz, porque durante os seus tres anos ao fronte desa carteira fixo méritos máis que de sobra para deixar o cargo. A pinga que colmou o vaso foi o empecinamento en manter e defender o proxecto de Ley Orgániza sobre Protección de la Seguridad Ciudadana, a pesar das críticas xeralizadas de todos os partidos da oposición -que votaron unanimemente contra ese texto nos seus primeiros trámites no Congreso- e de numerosos colectivos sociais e cidadáns.
Ese proxecto -coñecido como Lei Mordaza e que ten o respaldo do Consejo de Ministros- provocou as protestas non soamente da FeSP, senón de organizacións tan variadas como Amnistía Internacional, Reporteros sin Fronteras, Greenpeace, SOS Racismo, a plataforma No Somos Delito, Jueces para la Democracia, Ecologistas en Acción, Red Internacional de Abogados Eureka e a Federación Europea de Periodistas (FEP), entre outras.
Pese ás modificacións introducidas no borrador inicial, o gran incremento que prevé do número de faltas relacionadas cos dereitos á liberdade de expresión e de manifestación permite concluír que, con esta lei, o ministro e o Goberno pretenden limitar e reprimir tanto o dereito da cidadanía a protestar nas rúas como o dos xornalistas e fotógrafos a difundir esas protestas en cumplimento da súa obriga profesional.
Por todo isto, a FeSP considera necesario que o presidente do Goberno ordene retirar o citado proxecto de lei, actualmente en tramitación no Congreso de los Diputados, e pida ao ministro que dimita ou o destitúa.
A Junta Ejecutiva Federal da FeSP, reunida este fin de semana en Madrid, tamén acordou alertar do oscurantismo que rodeas as negociacións segredas que manteñen Estados Unidos e a Unión Europea sobre o Tratado Transatlántico de Comercio e Inversións (TTIP, polas súas siglas en inglés).
De levarse a cabo este acordo, ademais de supoñer un grave atentado contra a defensa do regulamento europeo en materias como a economía, os dereitos laborais, o medio ambiente ou os servizos públicos (saúde, educación…), afectará directamente ao dereito á información e a comunicación da cidadanía: a creación do chamado «Mecanismo de solución de controversias inversionistas-Estado” acarrexaría a indefensión dos Estados contra a concentración dos medios de comunicación en mans duns poucos monopolios, unha práctica que limita o necesario pluralismo informativo.
A FeSP comparte a indignación do Consejo de Informativos e de moitos traballadores de TVE, que teñen protestado pola destitución de tres xefes de área da redacción e catro adxuntos, acordada polo novo director dos Servizos Informativos, José Antonio Álvarez Gundín. Nunha televisión pública debe prevalecer a experiencia e a traxectoria profesional -que as personas destituídas teñen demostrado sobradamente- e as normas de funcionamiento interno de RTVE existentes, en vez do «amiguismo» ou os intentos de incrementar o control político da información de cara ás próximas eleccións, como sospeita o Consejo de Informativos.
Asimismo, a FeSP respalda á Unión de Profesionales de la Comunicación de Canarias (UPCC), que esixíu ao Parlamento autonómico as medidas necesarias para a destitución do director de Radiotelevisión Canaria (RTVC), Guillermo García, polas numerosas irregularidades detectadas nesa cadea. Entre elas figuran os contratos moi costosos con produtoras privadas ou a compra de programas que xa se pagaron pero nunca foron emitidos, que se suman a outras denunciadas ante a Fiscalía Anticorrupción pola UPCC e Izquierda Unidad Canaria.




Fashion