Mos
persegue a vangarda tecnolóxica ofrecendo agora un curso AFD de Programación de
Sistemas Informáticos
Financiado pola Xunta, ten un
orzamento de 92.000 euros e impartirase no CDL do 2 de agosto ó 28 de novembro
Dende a concellería de
Formación e Emprego mosense que dirixe o edil Óscar Soto informouse hoxe da
concesión por parte da Xunta de Galicia ó Concello de Mos do primeiro curso AFD
(Accións Formativas para Desempregados) deste ano consistente nun Curso de
Programador de Sistemas Informáticos co que as novas tecnoloxías continúan a
xerar un novo esceario en relación co emprego e a formación neste
municipio.
O orzamento co que conta o curso de Programación de
Sistemas Informáticos ascende a preto de 92.000 euros, segundo explicaba esta
mañá Soto, quen ademais anunciou que, precisamente esta mañá, aprobouse en Xunta
Local de Goberno en relación tamén coa aposta deste Concello polas novas
tecnoloxías, a empresa proveedora para o proxecto CDIT_Mos de renovación
tecnolóxica do CDL, Centro de Desenvolvemento Local mosense. Paso previo ó
proxecto do Centro de Dinamización Tecnolóxica, CDIT, no CDL de Mos foi
a adhesión á rede CEMIT aprobada no Pleno da Corporación Municipal
do pasado mes de maio. Esta rede forma parte da Axenda Dixital 2014.gal
enmarcada no Plan Extratéxico Galicia 2010-14, que ten como fin acadar a
converxencia con Europa no horizonte do ano 2020. O Centro de Dinamización
Tecnolóxica, que estará ó abeiro da axuda do programa Leader Galicia 2007-2013,
prevese que estará totalmente rematado e listo para a súa posta en marcha a
finais do vindeiro mes de agosto. O CDIT_Mos vai dirixido á poboación e ao
tecido empresarial en particular, para que dispoñan de tódolos medios
informáticos, electrónicos e multimedia necesarios para mellorar a súa calidade
de vida, o acceso ao mercado de traballo no caso da poboación desempregada, a
mellora da ocupabilidade, tanto de activos como de parados, a mellora e
incremento da competitividade e do acceso ás novas tecnoloxías por parte de
Pemes e de empresarios individuais. “En definitiva, o que queremos é que os
nosos veciños estean á vangarda do progreso e que sexan cidadáns de primeira”,
explicou sobre este proxecto o concelleiro responsable, Óscar Soto. O CDIT
busca impulsar as TIC e a sociedade da información na comunidade mosense.
Voltando á concesión do curso AFD de
Programador de Sistemas Informáticos, engadir que se trata dunha acción
formativa de 608 horas de duración, e que todas aquelas persoas interesadas en
realizalo poden chamar ou dirixirse ó CDL para informarse sobre a inscrición no
mesmo, posto que a convocatoria pública atópase xa aberta. Os interesados en realizar o
curso que cumpran os requisitos de acceso, pódense anotar na Oficina de Emprego
de Porriño ou na oficina onde selen a súa tarxeta de demanda de emprego.
Na actualidade, as novas
tecnoloxías ábrense coma canles de información e ensinanza que se fan
imprescindibles para a actuación social. Así mesmo, a carencia de perfís
profesionáis relacionados coas novas tecnoloxías, provocan a dificultade das
empresas tecnolóxicas para cubrir os postos que necesitan nas mesmas. Fáise
necesaria unha mellora na capacitación profesional daquelas persoas que reúnen
un perfil adecuado para ocupar postos deste tipo.
O Concello de Mos, na súa
aposta pola incorporación da poboación ás novas tecnoloxías e a mellora da
empregabilidade dos e das demandantes activos de emprego, en profesións con
proxección de futuro, ofrece este curso, que se desenvolverá dende o 2 de agosto
ata o 28 de novembro do presente ano 2012.
Esta acción formativa vai
dirixida preferentemente a persoas desempregadas e está financiada pola
consellería de Traballo e Benestar, e o Fondo Social Europeo. A selección de
participantes realizarase no CDL o día 31 de xullo ás 09.00 horas.
Con este novo curso AFD o
Concello de Mos en xeral e a concellería de Formación e Emprego mosense en
particular volven demostrar unha vez máis a súa aposta decidida pola renovación
tecnolóxica que se suma a outras iniciativas coma o anteriormente mencionado
proxecto do CDIT_Mos ou a adhesión ó Programa de Voluntariado
Dixital.
A adhesión a este programa,
aprobada tamén no Pleno do pasado mes de maio, supón un custe cero para o
Concello e constitúe un complemento adecuado ao Centro de Dinamización e
Innovación Tecnolóxica (CDIT_MOS) do Concello e da Rede
CEMIT.
O programa, tal e como
explica Soto, ten como misión incorporar as novas tecnoloxías á vida cotiá de
todos mediante a colaboración e compromiso das persoas voluntarias, co obxetivo
de movilizar á poboación mosense cara a unha sociedade da información e o
coñecemento.
Os obxetivos do programa
son: promover a innovación na xestión, potenciar o uso das novas tecnoloxías por
parte da cidadanía, apoiar e consolidar ó sector terciario posibilitando a súa
autonomía, participación, colaboración e mellora na súa xestión diaria, fomentar
a responsabilidade da propia sociedade civil a través da dedicación voluntaria
de tempos e capacidades xa sexa a nivel individual ou a través da
responsabilidade social empresarial (RSE) por parte do sector
privado e outras entidades e organización de calquera ámbito na nosa comunidade;
promover a eficiencia e cooperación, contribuir a xerar e difundir a marca
voluntariado e novas tecnoloxías como unha marca que canalice as diferentes
accións solidarias na nosa comunidade, que inciden directamente na movilización
da cidadanía de cara á sociedade da información e o
coñecemento.
Asimesmo os beneficios que
reportará esta adhesión serían tomar contacto co mundo da tecnoloxía, actualizar
as súas capacidades, xa que tanto a organización como os seus beneficiarios
poden solicitar apoios dixitais, beneficiarse dos recursos que o Programa de
Voluntariado Dixital adica á captación de voluntarios, e á súa posterior
formación e seguemento, beneficiarse da carta de servizos que se desenvolva no
marco do proxecto, difundir o seu labor e intercambiar boas prácticas a través
de redes distintas usando os mecanismos de comunicación do Programa de
Voluntariado Dixital, vincular a imaxe da organización ó Programa de
Voluntariado Dixital aparecendo como entidade adherida en determinados materiais
de difusión do proxecto, e estar ó día de forma periódica sobre as actividades
que se organizan no marco do proxecto.
![]() |
Gala Fernández - Prensa
Telf. 667 168 516 begin_of_the_skype_highlighting 667 168 516 end_of_the_skype_highlighting
|