Ley de ciencia, ¿estamos todos los que somos?

Ley de ciencia, ¿estamos todos los que somos?
PACHI VÁZQUEZ CONSEGUE MAIOR AUDIENCIA QUE FEIJÓO NO DEBATE DO ESTADO DA AUTONOMÍA EMITIDO POLA TVG
O secretario xeral do PSdeG chegou a congregar picos de audiencia de 114.000 espectadores mentres Feijóo non pasou de 85.000
Santiago de Compostela, 17 de marzo de 2010.- As O secretario xeral do PSDG-PSOE, Pachi Vázquez, foi o político que congregou máis espectadores na retransmisión que a TVG fixo onte sobre o debate do Estado da Autonomía. O líder dos socialistas galegos acaparou os "minutos de ouro", cun pico de audiencia de 114.000 persoas ás 20, 41 h do serán. No minuto anterior seguiron a súa intervención no Parlamento 110.000 galegos. Estes dous minutos obtiveron igualmente a máxima cota de pantalla do debate emitido
pola TVG: un 14´6 e un 14´4 por cento.
Os datos de Sofres sitúan a audiencia acadada por Pachi Vázquez moi por enriba da que conseguiu Núñez Feijóo. A cota máxima de audiencia obtida polo presidente da Xunta produciuse ás 21h 15´ e foi do 9´6 por cento e de 86.000 telespectadores, 28.000 menos que os que seguiron ó líder socialista.
O debate da tarde rexistrou unha cota de pantalla do 7´3 por cento e unha audiencia media de 39.000 espectadores.
Pola mañá, o discurso de Feijóo obtivo unha escasa cota de pantalla do 4´6 cunha media de 6.000 espectadores. O maior seguimento da intervención matutina do presidente da Xunta concentrouse nos trece primeiros minutos do discurso, nos que obtivo un seguimento medio de 13.000 espectadores. Desde ese momento, ata o remate a mediodía, nunca chegou a congregar 10.000 telespectadores.
CARMEN GALLEGO CRITICA AO CONSELLEIRO DE MEDIO AMBIENTE POR “TENTAR IMPEDIR” A CONSTRUCCIÓN DA EDAR DE VIGO
A responsable de Medio Ambiente do PSdeG lémbralle a Xunta que a construcción da depuradora de Vigo é a súa responsabilidade
Sinala que o conselleiro non pode “ir de campión rachando todos os acordos” e advirte que esta actitude pode levar a Galicia a ter que pagar a multa da Unión Europea
Santiago de Compostela, 17 de marzo de 2010.- A secretaria de Medio Ambiente e Mariño do PSdeG, Carmen Gallego, criticou hoxe a nova ruptura de acordos do conselleiro de Medio Ambiente respecto á construcción da depuradora de Vigo e acusou a Agustín Hernández de “tentar impedir” que Vigo conte coa nova EDAR.
“Xa está ben de romper acordos” afirmou Gallego, quen advertiu a Agustín Hernández que “non pode ir de campión” xa que esta actitude pode levar a Galicia a perder o investimento comprometido polo Ministerio de Medio Ambiente e a ter que pagar a multa da Unión Europea.
Así, Gallego lembrou que nada máis chegar á Xunta, o conselleiro de Medio Ambiente rachou o primeiro dos acordos alegando que “non tiña diñeiro”, algo que “é totalmente falso”. Naquel entón, a boa vontade do Ministerio de Medio Ambiente fixo posible o aprazamento do pago e o mantemento do proxecto.
Pero, novamente, o conselleiro de Medio Ambiente “no seu afán de tentar impedir que Vigo teña unha nova EDAR” rompeu este acordo aducindo que o concello tiña que asumir un pago “que non se lle esixe a outros concellos nos que si se están a construír depuradoras”, apuntou Gallego.
Lembrou que, unha vez máis, a ministra de Medio Ambiente resolveu esta situación, acadando unha rebaixa respecto ao custo total da depuradora. Tras acadar esta solución “o conselleiro saca da manga unha nova escusa e volve a romper os acordos acadados, pedindo ao concello de Vigo que asuma o custo do IVA”.
“Curiosamente, só o conselleiro de Medio Ambiente rompe acordo tras acordo, e só el pon reparos, dilatando deste xeito a construcción da depuradora de Vigo”, sinalou Gallego, quen lembrou ademais que a EDAR “é competencia da Xunta”.
Por elo, instou a Agustín Hernández a “asumir a súa responsabilidade dunha vez por todas” xa que con esta actitude “que non é seria nin propia dunha persoa que ocupa este cargo” o único que vai conseguir é que Galicia teña que pagar a multa da Unión Europea, que foi aprazada tras a presentación do proxecto de construcción da EDAR presentado polo anterior Goberno socialista.
Gallego instou a Hernández a “deixar as escusas para non facer a depuradora” e a “asumir a súa responsabilidade como conselleiro”, xa que de non ser así, Vigo podería quedar sen unha infraestrutura “imprescindible” e ademais pode perder os 112 millóns comprometidos polo Ministerio de Medio Ambiente e ter que asumir o pago dos 20 millóns da sanción da Unión Europea.
Expuxo sen paños quentes a realidade do país para, a partir daí, explicar as súas receitas para combater a crise a través de incentivos fiscais, plans económicos e de rexuvenecemento demográfico. A oposición desaproveita a ocasión de afrontar a cita de onte de forma construtiva
Feijóo arrasa no seu primeiro Debate sobre o Estado da Autonomía como presidente contrapondo as subidas de impostos do PSOE coas rebaixas que aplica a Xunta
· O mesmo día no que Zapatero impoñía no Congreso a subida do IVE para todos os españois, ricos e pobres, Feijóo anunciaba que seguiría baixando impostos, sobre todo os que gravan a compra de vivendas
· Desta forma facilita o acceso aos galegos a unha residencia, reactiva o sector da construción, e dá esperanzas aos 34.000 fontaneiros, carpinteiros ou albaneis que están na lista do paro
· O PPdeG baixa impostos cando a xente máis o necesita; o PSOE estreita a soga sobre os cidadáns incrementando a presión fiscal e baleirando a c