16
de abril de 2015.- A Federación
de Sindicatos de Periodistas (FeSP) apoia nun
comunicado as
mobilizacións do 18 de abril contra o Tratado de Libre Comercio entre EEUU e
Europa porque ameaza as liberdades civís.
A Federación
de Sindicatos de Periodistas (FeSP) apoia as mobilizacións convocadas para o
sábado 18 de abril en ducias de cidades dun gran número de países para rexeitar
o Tratado de Libre Comercio entre os Estados Unidos e Europa (TTIP, nas súas
siglas en inglés) que se está a negociar cun total oscurantismo. A Xunta
Executiva Federal da FeSP fai un chamamento aos traballadores dos medios de
comunicación para que secunden estas convocatorias, porque este Tratado supón unha grave ameaza
para liberdades e dereitos civís de todo tipo, tamén no ámbito da comunicación.
A campaña
‘Non ao TTIP’ asegura que «o noso futuro se negocia en portas pechadas de
Bruxelas e de Washington cun Tratado ás costas da xente». As conversas desenvólvense ao dictado das
grandes corporacións multinacionais que queren non
soamente un mundo sen leis que limiten a súa actividade senón graves sancións
para quen non lles rinda pleitesía. O seu obxectivo é un marco normativo que non impoña
condicionantes medioambientais, sanitarios ou doutro orde, todo
a maior gloria do beneficio económico desas compañías.
Como
xornalistas denunciamos
o enorme secretismo co que se realizan estas negociacións e
o silencio co que a maioría dos medios de comunicación dos países implicados
-tamén e de xeito escandaloso, os españois- que non están informando á
cidadanía sobre un proceso que condicionará gravemente a vida de miles de
millóns de de persoas en todo o mundo.
Pero é que
ademais de todo isto, o TTIP
condicionará enormemente o traballo dos informadores porque
entre o compromiso dos estados a non promulgar leis que regulen os
mercados, ningún
goberno poderá lexislar sobre a propiedade dos medios, para protexer
os medios públicos e o Terceiro Sector ou establecer normas sobre como garantir
o dereito áinformación da cidadanía. A FeSP comparte cos que se opoñen ao TTIP
que este «é un pesadelo para a democracia». E por iso reitera a necesidade de
mobilizarse para frear este despropósito antidemocrático e anti social.
Para
frear o TTIP, ¡saiamos á rúa o vindeiro 18 de abril!