Convocatoria/invitación para a
participación no
Día
Internacional das persoas maiores
(1 de outubro de 2012)
Aproveitando que estamos no “Ano
Europeo do Envellecemento Activo e a Solidariedade Interxeracional” e que
as accións de voluntariado e de mentorado son unha boa mostra da participación social e das relacións
interxeracionais, desde esta Secretaría xeral de Política Social para
conmemorar o Día Internacional das persoas maiores queremos:
- Coñecer e difundir todos os programas de voluntariado que se están levando a cabo na Comunidade
Autónoma de Galicia.
- Crear e poñer en funcionamento un Banco de Voluntariado de persoas maiores.
- Coñecer e difundir a relación de persoas maiores , da Comunidade Autónoma de Galicia,que logo
de desenvolver a súa actividade laboral no ámbito empresarial están dispostas a poñer, de xeito
voluntario,a súa experiencia ao servizo das persoas xoves que estean
interesadas en dedicarse a esta actividade.
-
Crear e difundir un rexistro de persoas maiores expertas en
actividades de emprendemento, consolidación e promoción empresarial,
interesadas en prestar asesoramento de xeito voluntario a persoas xoves
emprendedores.
Para elo convidamos a
todas as entidades, grupos ou particulares que colaboren nestes ámbitos a que
nos fagan chegar, antes do día 15 de
setembro ao correo electrónico plangalegomaiores.benestar@xunta.es:
- As experiencias de voluntariado que están realizando con persoas
maiores, incluíndo tanto aquelas nas que as persoas maiores son receptoras de
accións voluntarias como aqueloutras nas que son prestadoras.
- As propostas para a organización, implantación
e mantemento dun Banco de
voluntariado de persoas maiores.
- As experiencias de mentorado de
persoas maiores que están prestando asesoramento a persoas xoves para a
creación de empresas
- As propostas para o desenvolvemento dun rexistro de mentorado entre persoas
maiores, xa xubiladas, e mozos e mozas que comezan a súa
actividade profesional.
Con todas elas farase un recompilatorio e, por persoal
técnico da Secretaría Xeral de Política Social, unha selección das máis
relevantes e das que teñen maior repercusión social ou viabilidade
As que resulten
seleccionadas serán presentadas no acto que se celebre para conmemorar o Día Internacional das persoas maiores e
faráselles un recoñecemento público aos seus responsables.
Nota: As experiencias
ou propostas que se presenten axustaranse aos apartados que se sinalan nos
modelos que se acompañan e non poderán ocupar máis de 4 folios (en papel DINA4
, letra arial de tamaño 14).
Programa de: voluntariado¨ mentorado ¨
Datos de
identificación da entidade/s e responsable:
Ÿ Denominación da entidade que o
executa:
Ÿ Está inscrita no Rexistro de entidades prestadoras de
Servizos Sociais?:
Ÿ Responsable do programa:
Nome e apelidos
Enderezo postal,
Enderezo electrónico e
Teléfono/s
Datos do programa
Ÿ Denominación:
Ÿ Breve descrición:
Ÿ Data de implantación:
Ÿ Número de persoas maiores que
colaboran como voluntarios:
Ÿ Número de persoas maiores, ou xoves
se é o caso, que se benefician dos servizos dos voluntarios:
Ÿ Participan no programa outros grupos de idade (nenos, mozos,
adultos)? En caso positivo indicar:
Nº de voluntarios por grupo de
idade
Nº de beneficiarios da acción de
voluntariado por grupo de idade
Ÿ Participan no programa outros
colectivos diferentes ao de persoas maiores (persoas con discapacidade,
persoas con enfermidade mental, persoas con alzheimer, reclusos, persoas sen
recursos, inmigrantes, xoves, persoas en situación de desemprego.......)?. En caso afirmativo indicar cal/es.
Recursos para o desenvolvemento do programa
Ÿ Persoais: Sinalar o número de
persoas que se dedican á súa organización e coordinación así como a dedicación
mensual.
Ÿ Materiais: Sinalar as
instalacións, equipamento (informático, vehículos, ...) que se utilizan.
Ÿ Económicos: Sinalar o orzamento
que supón o desenvolvemento do programa ao mes e o seu financiamento.
Difusión do programa
Ÿ É coñecido este programa a nivel local, provincial, autonómico ou estatal
?
Ÿ Tense recibido algún tipo de recoñecemento público pola súa execución?
Proposta de creación de:
Banco de Voluntariado de persoas maiores de Galicia¨
Rexistro de mentorado¨
® Relación e descrición das actuacións de voluntariado ou
mentorado.
® Relación e descrición do perfil das persoas que ofertan
ou reciben actuacións de voluntariado ou mentorado.
® Difusión e captación de persoas maiores interesadas en
prestar e/ou recibir accións de voluntariado ou mentorado, se é o caso.
® Actualización permanente do rexistro de persoas prestadoras
e receptoras
® Estrutura de funcionamento :
Organización e coordinación
Recursos materiais
Recursos persoais
Recursos económicos