2.1 08/PNC-0216 (5544)
Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
Adán Villamarín, María do Carme e Táboas Veleiro, María Teresa
Sobre a realización das obras necesarias para a adaptación das instalacións dos centros de ensino público da Estrada ás necesidades educativas
Publicación da iniciativa, BOPG núm. 67, do 04.09.2009
APROBADA POR 9 votos a favor e 4 en contra con modificacións:
“O Parlamento de Galicia insta a Xunta de Galicia a realizar as obras necesarias nos centros de ensino público da Estrada para a correcta adecuación das instalacións ás necesidades educativas, para o que se priorizará a partir de criterios técnicos e educativos, licitando a obra do CEIP Pérez Viondi na maior brevidade posible, nunca superando o prazo dun ano”
2.2 08/PNC-0246 (6031)
Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
Lage Tuñas, José Manuel
Sobre o cumprimento da normativa do réxime de visitas do pazo Torre de Xunqueiras, no concello da Pobra do Caramiñal, e o impulso dun programa de difusión e coñecemento dos bens de interese cultural de Galicia
Publicación da iniciativa, BOPG núm. 67, do 04.09.2009
APROBADA POR UNANIMIDADE CON MODIFICACIÓNS:
“O Parlamento galego insta a Xunta de Galicia a:
1) Realizar as accións necesarias para o establecemento do réxime de visitas do Pazo Torre de Xunqueiras conforme ao establecido na lexislación vixente, buscando o acordo co Concello da Pobra do Caramiñal e co titular ou titulares do pazo.
2) Impulsar un programa de difusión e coñecemento dos bens de interese cultural de Galicia, entre os que se atopa o Pazo Torre de Xunqueiras, co obxecto de que o conxunto da poboación galega coñeza e desfrute do importante patrimonio histórico—artístico do noso país.”
2.3 08/PNC-0396 (12681)
Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
Burgo López, María Concepción e 3 deputados máis
Sobre a dixitalización de toda a prensa histórica galega en colaboración coas institucións que están a facer traballos similares coa prensa galega e a súa incorporación na Biblioteca Dixital de Galicia
Publicación da iniciativa, BOPG núm. 113, do 11.11.2009
APROBADA POR UNANIMIDADE CON MODIFICACIÓNS:
“O Parlamento de Galicia insta ao Goberno galego a continuar e axilizar o proxecto de dixitalización de toda a prensa histórica galega e poñela a disposición de todos os cidadáns na Biblioteca Dixital de Galicia, sempre en colaboración coas institucións que están a facer traballos similares coa prensa galega. Así como a participar en proxectos de carácter nacional e internacional como HISPANA e EUROPEANA, que faciliten o acceso integrado aos fondos galegos.”
2.4 08/PNC-0507 (19292)
Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
Méndez Romeu, José Luis e Burgo López, María Concepción
Sobre a creación dunha fundación que salvagarde, catalogue, conserve e difunda o patrimonio cultural acumulado por D. Isaac Díaz Pardo sobre a Galicia do século XX
Publicación da iniciativa, BOPG núm. 165, do 05.02.2010
APROBADA POR UNANIMIDADE CON MODIFICACIÓNS:
“O Parlamento insta a Xunta de Galicia a que, de acordo coa familia Díaz Pardo, se cre unha fundación que permita salvagardar, catalogar, conservar e difundir o legado documental de don Isaac Díaz Pardo, achegando, con recursos propios ou alleos, o financiamento necesario para o seu funcionamento, así como a sede.
2.5 08/PNC-0512 (19756)
Grupo Parlamentario Popular de Galicia
Rodríguez González, Román e 6 deputados máis
Sobre a elaboración dunha nova planificación da aprendizaxe permanente para adultos
Publicación da iniciativa, BOPG núm. 165, do 05.02.2010
APROBADA sen modificacións por
“O Parlamento de Galicia insta a Xunta de Galicia a planificar e elaborar unha nova e efectiva planificación da Aprendizaxe Permanente para Adultos, que parta dos recursos existentes neste momento e que, tendo en conta o escenario orzamentario actual, poida empezar a concretarse e funcionar a partir do
2.6 08/PNC-0581 (23285)
Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
Pontón Mondelo, Ana Belén
Sobre a organización da Feira Galega das Industrial Culturais, Curtugal, para o ano 2010
Publicación da iniciativa, BOPG núm. 178, do 24.02.2010
REXEITADA POR