sponsor

Cambiar tamaño del texto


Sports

Tamaño del texto: 10 12 14 16 18

A todos se les acaba el chollo de utilizar las cajas de ahorros como nidos y refugio de los políticos

"O Goberno do Estado debe retirar o veto contra as caixas galegas", salienta Fernando Blanco.
O portavoz de Economía do grupo parlamentar do BNG, Fernando Blanco, afirmou hoxe en Narón, nun acto organizado sobre a Lei de Caixas de aforro e o futuro económico de Galiza, que o Goberno do Estado “debe retirar o veto contra a fusión das caixas galegas”, xa que o recurso presentado “máis que contra a Lei é contra a fusión, para favorecer que o aforro de galegos e galegas vaia para fóra do País”.O deputado explicou que a resposta de Galiza debe ser política e social. “Feijóo ten armas políticas que xogar e debe facelo xa, non se pode eternizar este proceso”, dixo en referencia á presentación dun recurso contra o Fondo de Reestruturación Ordenada Bancaria (FROB). Na vertente de contestación social, Blanco referiuse á sinatura do manifesto Galiza ten Dereito e á posibilidade de mobilización a favor da fusión, “para expresarlle a Madrid a vontade dos galegos e das galegas de termos caixas de aforro propias e de escoller o futuro da economía do noso País”.“Hai unha decisión política adoptada polo Goberno do Estado en contra da fusión galega e Madrid só se apeará desa decisión se avalía como alto o custo político que lle suporía levar o veto até o final”, dixo.Fernando Blanco salientou que o BNG non respalda o proceso negociador aberto en Madrid. “As leis non se negocian e o Goberno galego non se pode arrogar o papel de lexislador”, dixo. Así, o deputado lembrou que a Lei de Caixas de aforro nin sequera é iniciativa do Goberno da Xunta, senón do Parlamento Galego e, en concreto, do BNG.Doutra banda, dixo que o Goberno do Estado “non se pode arrogar o papel de árbitro da Constitución”. “O Goberno do Estado actúa neste caso como se o Tribunal Constitucional tivese ditado xa sentenza, cousa que está moi lonxe de ter sucedido, pois até o de agora o único que fixo foi admitir a trámite o recurso”, destacou.

Fashion