sponsor

Cambiar tamaño del texto


Sports

Tamaño del texto: 10 12 14 16 18

PACHI VÁZQUEZ CONSEGUE MAIOR AUDIENCIA QUE FEIJÓO NO DEBATE DO ESTADO DA AUTONOMÍA EMITIDO POLA TVG

O secretario xeral do PSdeG chegou a congregar picos de audiencia de 114.000 espectadores mentres Feijóo non pasou de 85.000

Santiago de Compostela, 17 de marzo de 2010.- As O secretario xeral do PSDG-PSOE, Pachi Vázquez, foi o político que congregou máis espectadores na retransmisión que a TVG fixo onte sobre o debate do Estado da Autonomía. O líder dos socialistas galegos acaparou os "minutos de ouro", cun pico de audiencia de 114.000 persoas ás 20, 41 h do serán. No minuto anterior seguiron a súa intervención no Parlamento 110.000 galegos. Estes dous minutos obtiveron igualmente a máxima cota de pantalla do debate emitido

pola TVG: un 14´6 e un 14´4 por cento.


Os datos de Sofres sitúan a audiencia acadada por Pachi Vázquez moi por enriba da que conseguiu Núñez Feijóo. A cota máxima de audiencia obtida polo presidente da Xunta produciuse ás 21h 15´ e foi do 9´6 por cento e de 86.000 telespectadores, 28.000 menos que os que seguiron ó líder socialista.

O debate da tarde rexistrou unha cota de pantalla do 7´3 por cento e unha audiencia media de 39.000 espectadores.

Pola mañá, o discurso de Feijóo obtivo unha escasa cota de pantalla do 4´6 cunha media de 6.000 espectadores. O maior seguimento da intervención matutina do presidente da Xunta concentrouse nos trece primeiros minutos do discurso, nos que obtivo un seguimento medio de 13.000 espectadores. Desde ese momento, ata o remate a mediodía, nunca chegou a congregar 10.000 telespectadores.

Fashion