ACTO PUBLICO EN UNA CENA DE LOS REPUBLICANOS
Este ano, como os anteriores, a CRMH d’A Coruña celebra a conmemoración do día da República (14 de abril), cunha CEA DA REPÚBLICA, que terá lugar o próximo sábado 17 de abril, no Hotel Meliá María Pita, cea que terá un custe de 21 euros por persoa. No menú, aínda sen determiñar, cabe a posibilidade de escoller prato (carne ou peixe), así como de facer menús individuais, para persoas vexetarianas, celíacas, ou que precisen unha dieta determinada. Para elo, deben de comunicalo á organización da cea, para así facérllelo saber ao persoal do Hotel. Para apuntarvos, rógovos que o comuniquedes a esta conta de correo electrónico, ou chamando ao teléfono 645029338 (Rubén), decindo cántas persoas tedes pensado asistir á cea. Rógovos tamén que, se tedes pensado asistir á Cea da República, o digades canto antes, para así ter presente a vosa presencia cara a comunicárllelo ao persoal do Hotel.
Nesa Cea da República, imos entregar a distinción de REPUBLICANA DE HONRA, distinción que a CRMH d’A Coruña outorga anualmente á persoa elixida ese ano, como premio a toda unha traxectoria vital de defensa dos valores republicanos e democráticos. Este ano, esta distinción correspóndelle a Luísa Viqueira, filla do filósofo galeguista Xohán Vicente Viqueira, e bióloga de profesión, da cal adxunto un relato da súa biografía. Dado que Luisa xa ten unha idade bastante avanzada, e seu estado de saúde non lle permite viaxar a nosa cidade a recibir o premio (vive en México), en representación dela recollerá o premio o seu fillo Manuel Viqueira.
Pero arredor do día da República, desde a CRMH estamos tamén a impulsar outras actividades. Velaí unha listaxe das mesmas:
· 16 de abril. Acto na Casa Museo Casares Quiroga sobre Luisa Viqueira.
· 17 de abril. Cea da República no hotel Meliá María Pita
· 23 de abril. Conferencia sobre o centenario da República portuguesa. Presentador: Manuel Miragaia.
· 29 de abril. Charla coloquio no Centro Cívico de Monelos, de homenaxe á mestra de Monelos Mercedes Romero Abella, e ao seu marido Francisco Mazariegos, sindicalista da UXT, traballador do Banco Pastor, asesinados en 1936. Intervencións de Emilio Grandío e Ana Romero, os dous historiadores e ensinantes. Presentador: Rubén Afonso Lobato.
· 11 de maio. Presentación pública do documental “Mortos do Portiño”, no Centro Cívico de San Pedro de Visma (pendente de confirmar)
· 21 ou 24 de maio. Conferencia sobre “Cariño López”, galego membro da mítica compañía “La Nueve”, que foi quen liberou París dos nazis, a cargo do profesor francés Robert Coale. Hora e sitio por confirmar.
· 22 maio. Homenaxe a “Cariño López”, no seu pobo natal, Cariño. Haberá autobuses para asistir, tanto aos actos de homenaxe como ao xantar de confraternidade e á charla coloquio que se dará na Casa da Cultura de Cariño por parte do profesor Robert Coale.
· 4 de xuño. Charla-coloquio en Betanzos sobre as fosas de Aranga.
· 5 de xuño. Charla-coloquio en Guitiriz sobre as fosas de Aranga.
· 12 de xuño. Roteiro polas fosas de Aranga. Saída dun autobús desde A Coruña.
Agradecendo a vosa atención, e rogándovos unha vez máis que, se tedes a ben participar na Cea da República, fagades o favor de comunicalo canto antes (contestando a este correo ou chamando ao 645029338), despídome, non sen antes mandarvos un cordial e afectuoso saúdo.
Rubén Afonso Lobato (responsable de comunicación da CRMH d’A Coruña)