sponsor

Cambiar tamaño del texto


Sports

Tamaño del texto: 10 12 14 16 18

Actividad parlamentaria en Galicia


Proposicións non de lei ante a Comisión 539

A Comisión 6.ª, Industria, Enerxía, Comercio e Turismo, na reunión do 12 de marzo de 2010, adoptou os seguintes acordos:

Aprobación sen modificacións:

- 08/PNC-0539 (21381)

Grupo Parlamentario Popular de Galicia

López Campos, José Carlos

Sobre a actuación do Goberno galego respecto do acordo do Consello de Ministros do 13 de novembro de 2009, polo que se establece a priorización do rexistro administrativo de preasignación de retribución para as instalacións de produción de enerxía eléctrica segundo o Real Decreto 6/2009, do 30 de abril

BOPG núm. 169, do 11.02.2010

O texto aprobado é o seguinte:

"O Parlamento insta a Xunta de Galicia a realizar as actuacións pertinentes, incluídas as de carácter legal, co fin de deixar sen efecto o acordo do Consello de Ministros de 13 de novembro de 2009 polo que se establece a priorización do rexistro de preasignacións segundo o establecido polo RD 5/2009."

Santiago de Compostela, 12 de marzo de 2010

Ricardo Jacinto Varela Sánchez

Vicepresidente 2.º

Proposicións non de lei ante a Comisión 606

A Comisión 6.ª, Industria, Enerxía, Comercio e Turismo, na reunión do 12 de marzo de 2010, adoptou os seguintes acordos:

Rexeitamento da iniciativa:

- 08/PNC-0606 (24994)

Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego

Viéitez Alonso, Henrique e 3 deputados máis

Sobre o expediente de regulación de emprego presentado pola empresa Sykes para despedir 278 traballadores dos seus centros da Coruña e Lugo

BOPG núm. 183, do 03.03.2010

Santiago de Compostela, 12 de marzo de 2010

Ricardo Jacinto Varela Sánchez

Vicepresidente 2.º

Fashion