sponsor

Cambiar tamaño del texto


Sports

Tamaño del texto: 10 12 14 16 18

PROPOSTA DE MODIFICACIÓN DO V CONVENIO COLETIVO: A CIG DI NON Á CAMBIAR EMPREGO POR CARTOS

A Administración, a instancia da Consellaría de Traballo e Benestar, vén de proporlles ás centrais sindicais asinantes do Convenio a modificación do mesmo substituíndo o descanso adicional derivado do traballo en domingos e festivos contemplado no artigo 19.5 do Convenio a cambio de remunerar eses días de descanso.

A consecuencia máis notable disto sería a mingua de emprego público, a volta para casa dos/as compañeiros/as que cobren estes días de descanso e a maiores se estaría a xogar coa saúde do persoal.

A CIG, como central asinante do V Convenio, apostou porque este defendese o descanso dos/as traballadores/as fronte a remuneración do traballo en domingos e festivos.

E consecuentemente con isto a CIG non pode aceptar esta proposta que só vai destinada á destruír emprego público e aforrar os cartos que supón de cara á creación da Axencia Galega de Servizos Sociais.

Suporía ademais unha degradación das condicións laborais ao se intensificar o traballo nos centros de Benestar aos que vai destinada a reforma, e non incrementarse o cadro de persoal.

Como corolario, a CIG non pode aceptar ningunha chantaxe e está disposta a asumir as consecuencias desta negativa a satisfacer os plans dunha Administración que ten a cabeza posta na creación dunha Axencia cunhas condicións laborais devaluadas.

Esta nova está publicada no web da CIG-Autonómica: http://autonomica.cigadmon.org


Fashion