sponsor

Cambiar tamaño del texto


Sports

Tamaño del texto: 10 12 14 16 18

Os socialistas rinden homenaxe a Chiña


O PSdeG-PSOE de Ponteareas recoñeceu a traxectoria de Concepción González Trigo, presidenta de honra da Comisión da Memoria Histórica de Ponteareas
Polo seu espírito combativo e capacidade de superación, o PSdeG-PSOE de Ponteareas, quixo render homenaxe á socialista Concepción González Trigo, “Chiña”, que onte recibía unha merecida homenaxe á que non faltaron tanto amigos, como veciños, familia e membros do PSOE galego.
A cita foi no restaurante Cuevas de Ponteareas e a ela asistiron o líder do PSdeG-PSOE, Pachi Vázquez; o subdelegado do goberno, Delfín Fernández; Marta Estrada, deputada no Congreso; Modesto Pose, secretario provincial, o secretario de organización na provincia, Luis Piña e o deputado Abel Losada ademais do portavoz do PSdeG-PSOE de Ponteareas, Francisco Candeira, acompañado por todos os membros do PSOE local.

Francisco Candeira, portavoz do PSOE en Ponteareas, quixo ser o primeiro en felicitar a Chiña pola súa traxectoria para dar paso ao presidente da Comisión da Memoria Histórica de Ponteareas, Anxo Rodríguez Gallardo, quen explicou a importancia dos recordos que aporta Concepción González na recuperación da memoria histórica. A continuación comezou a cea para logo pasar á lectura das cartas de apoio e recoñecemento que enviaron Felipe González, expresidente do goberno, José Luis Rodríguez Zapatero, actual presidente do estado, o exministro Alfonso Guerra e o secretario de organización en Galicia, Pablo García.

Como colofón final a esta cea-homenaxe a agrupación socialistas de Ponteareas fixo entrega a Concepción González Trigo dun busto de Pablo Iglesias, un ramo de flores e unha placa na que perdurará este merecido recoñecemento.

Para Francisco Candeira, portavoz do PSdeG-PSOE en Ponteareas, a figura de Chiña constitúe “un símbolo de loita, esforzo e traballo en prol dos dereitos de todos os cidadáns. Agardamos que cada homenaxe e cada recoñecemento supoña para ela unha fonte de apoio e de compensación a tantos anos de compromiso”.

Fashion