sponsor

Cambiar tamaño del texto


Sports

Tamaño del texto: 10 12 14 16 18
CONTROLADOS E CONTROLADORES
Dr Juan Gervásjgervasc@meditex.es
Di un membro do Goberno de España:

“Estamos actuando con firmeza e determinación durante máis dun ano para rematar cos privilexios dun sector de persoas que permanentemente plantexan problemas ao noso país”.

Refirese aos banqueiros españois que xa mandaron á rúa a 200.000 familias (caseque un millón de persoas), por desahucios que non anulan as debedas hipotecarias?

.

- Rodríguez Zapatero frente a George Soros -

Refirese aos inversores dos, hedge funds, aos que lle deu explicacións en directo o Presidente do Goberno en Nova Yorke e en agradecemento especulan coa debeda pública española e acadan intereses que triplican os previos a base de desacreditar a “marca” España?

Refirese aos propios altos cargos, diputados e senadores españois, cuxos privilexios ofenden máis en tempos de crise, por exemplo con pensions máximas que logran con sete anos de cotización, con indemnizacions por cese do traballo parlamentario, con compatibilidade legal de dous e tres soldos e pensions?

Refirese aos sucesivos embaixadores dos EEUU e aos persoeiros do Goberno e da Xustiza de España que influiron para acadar acordos en contra dos intereses españois, segundo as filtracións de Wikileaks, como no caso do asasinato de Xosé Couso ou a compra de motores de helicópteros a General Electric, por enriba de Rolls Roice?

Refirese ao propio Goberno que violou un acordo sindical para baixar os soldos aos funcionarios, conxelou o dos pensionistas, eliminou o cheque por fillo, suprimiu o complemento aos parados sen sustento, incrementoou o IVE, privatizou empresas e lotarias, reformou sen acordos as condicions laborais e eliminau as axudas ao desenvolvemento?

Non, o Ministro de Fomento refirese aos controladores aéreos, aos que (mediante un decreto-lei), un venres aumentou as horas de traballo a base de engadir as “disfrutadas” en baixas e en vacacions, docencia ou actividades sindicais. Estas horas son “neutras” ata o de agora para todos os traballadores españois. Estas horas son salvagarda dun traballo ben feito, do que depende a seguridade dos avions e a saude dos traballadores.

Os controladores respostaron co cese do traballo. O Goberno de España declarou o “estado de alarma” (que afecta a todos os españois) e militarizou aos controladores. Aplicoulles unha lei de Franco, a Lei Penal Procesal da Navegación Aérea, de 1964. Aplicoulles o Código Penal Militar, que non debería existir.

Os controladores teñen condiciones de traballo que se basean nun convenio asinado en 1999, que o Gobierno “non tivo tempo de modificar” en anos. Evitouse, eso si, contratar a máis controladores para evitar a súa aplicación a más traballadores.

O controladores teñen un soldo negociado de 140.000 euros, que dobran dobrando o traballlo. Son traballadores privilexiados, como os inspectores de Facenda, os rexistradores da propiedade, os notarios, os avogados do Estado e outros moitos máis, incluindo os Ministros do Gobierno, que van e veñen, por exemplo de Vivenda (donde contribuiron á creación da “burbulla inmobiliaria”) a Exército, de Sanidade (onde xestionou a crise da gripe A en contra dos feitos e a lóxica) a Exteriores......

.

Qué faremos cando a xubilación chegue días antes da morte? Qué faremos cando eliminen os domingos e os convirtan en días laborais? Qué faremos cando privaticen o montes públicos? Qué fremos cando nos sumen ao hoario laboral as horas de vacacions, baixas, formación e sindicais y teñamos que “compensalas” con horas extras? Qué faremos cando privaticen as rúas e para pisalas haxa que pagar a unha constructora, por exemplo? Qué faremos cando suban o IVE ao 50%? Qué faremos cando declaren o estado de “estado de alarma” e nos militaricen a todos para vacunarnos contra una gripe nova ameazante?

No son posibilidades “tolas” seno reais. Son posibilidades tan certas como as xa certezas tolas convertidas en feitos (las medidas adoptadas contra a crise).

Hoxe é cos controladores, onte e mañá con todos. A resposta dos controladores foi inoportuna. O Goberno de España puxolles diante do trágala en fin de semana clave (se non respostaban) ou a resposta determinada, contundente e firme (se respostaban). En ambos casos gañaba o Goberno e en ambas perdíamos todos, os controladores, os viaxeiros e a poboación.


Para maior información ler esta noticia:

"Aena (España) supera a BAA (Reino Unido) como primeiro operador aeroportuario do mundo por viaxeiros "

EP - 22/11/2007

Aeropuertos Españoles y Navegación Aérea (Aena) converterase este ano no primeiro operador aeroportuario do mundo que supere os 200 millons de pasaxeiros, co que se situará por diante de BAA, filial do grupo Ferrovial, que rexistrará uns 150 millones de viaxeiros, informó hoxe o presidente do ente público, Manuel Azuaga.

Durante a súa comparecencia na Comisión de Presupostos do Senado, Azuaga subliñou que Aena acada todo elo en tanto mantense como unha compañía pública con "autosuficiencia" financieira, dado que os seus investimentos proveñen dos seus propios recursos e non recibe nada dos Presupostos Xerais do Estado (PGE), e esta "absolutamente saneada".

Neste sentido indicou que Aena prevé pechar o ano cunha debeda duns 7.700 millones de euros, un 9,7% menos (uns 800 millons) a respecto dos 8.528 millones inicialmente estimados, e todo pese a ter realizado máis investimentos dos previsto.


"Por iso entiendo o desexo do sector privado de querer entrar nunha empresa como esta", indicou Azuaga.

Fashion