sponsor

Cambiar tamaño del texto


Sports

Tamaño del texto: 10 12 14 16 18

Concentración en Povisa para reclamar a readmisión da delegada sindical despedida durante unha folga

Arredor dun cento de delegados/as participaron na mobilización convocada pola CIG para denunciar a represión patronal

Arredor dun cento de delegados/as das CIG participaron este mediodía na concentración convocada diante de Povisa para reclamar a readmisión de Consuelo Martínez, representante sindical despedida durante unha folga convocada o ano pasado no centro médico privado vigués. Un milleiro de persoas xa participaran o pasado día tres nunha manifestación que percorreu as rúas da cidade para denunciar o que a central nacionalista considera un acto de represión sindical contra a traballadora despedida.

Durante a concentración, que se desenvolveu de 11.30 a 12.30 horas, despregouse unha faixa co lema “Polo dereito á folga. Contra a represión sindical en Povisa e berráronse consignas a favor da readmisión da operaria e contra a política laboral de Povisa. Entre os presentes atopábase a propia Consuelo Martínez e o secretario comarcal da CIG de Vigo, Serafín Otero.

A central nacionalista considera un ataque contra a liberdade sindical a sentenza do TSXG que ratificou o despido de Consuelo Martínez despois de que un xulgado vigués o declarase nulo nun primeiro momento. Así o manifestara o secretario nacional da CIG, Suso Seixo, ao remate da manifestación celebrada polo mesmo motivo o pasado día 3 na cidade. Suso Seixo criticara entón a sentenza do TSXG por supoñer “un atentado contra o dereito á folga e ao traballo sindical nas empresas”. Tamén deixou claro que a central seguirá a confrontar todas as agresións da patronal contra a clase traballadora e salientou a labor feita durante 20 anos pola compañeira despedida en defensa dos intereses de todos os empregados/as de Povisa.

Principais argumentos

Entre os principais argumentos que esgrime a CIG para rexeitar o despido e a sentenza que o declara procedente salienta o feito de que a resolución xudicial supón “un grave punto de inflexión no alcance da garantía de indemnidade que a doutrina xurisprudencial mantiña ate agora respecto da actuación dos representantes sindicais no exercicio das súas funcións, singularmente en situacións de conflitividade ou exercicio do dereito de folga”.

Contra o que viña resolvendo o propio TSXG, en sentenza de 29.6.09, e a través tamén de reiteradas sentenzas do Constitucional (STC 17/2003, 17/2005 e 38/2005, entre outras moitas no mesmo sentido), esta sala do TSXG decide revogar a sentenza que declarara a nulidade do seu despido, e declarar agora a procedencia, sen atribuír a esta representante sindical despedida mais que terlle chamado “esquirol” a un traballador que previamente a empuxara, falar polo megáfono e criticar puntualmente a outros esquirois. E todo nunha situación de “grande tensión” -como recoñece a propia sentenza- provocada pola actuación empresarial claramente “antifolga”, mesmo no establecemento unilateral dos servizos mínimos.

O tribunal valora, contra toda a xurisprudencia anterior e avalando os argumentos de Povisa, o dereito a traballar durante a folga (o dereito ao “esquirolaxe”) en moita maior medida que o propio dereito constitucional á folga e a adoptar as medidas tendentes ao seu normal exercicio, fronte ás graves presións empresariais sufridas.

A traballadora despedida era a portavoz do Comité de Folga, non tivo ningunha actuación individualizada (segundo os feitos probados da propia sentenza) distinta da de outros membros do Comité ou demais traballadores folguistas durante o conflito. Non obstante, a empresa decide despedila unicamente a ela, como clara consecuencia da súa inflexible firmeza anterior, durante 20 anos nada menos no Comité, na defensa dos traballadores da empresa, o que constitúe unha clara discriminación, conforme a unánime doutrina, non aceptada pola antixurídica e criticable actuación deste tribunal

Fashion