COMUNICADO DEL GRUPO MUNICIPAL DEL PSOE.
Los que han arruinado España se preocupan por la imputación de Corina Porro, por el sistema judicial del PSOE. Si nunca han tenido verguenza, ahora con todo lo que cae, demuestran que lo hacen todo con dolo no por ignorancia.
Venres, 28 de maio. Á vista dos feitos acaecidos nos últimos días con respecto á presidenta da Autoridade Portuaria de Vigo o voceiro municipal do Grupo Socialista quere manifestar o seguinte:
“Desde o grupo municipal socialista estamos preocupados pola situación legal na que se atopa a señora Porro, xusto cando se vai proceder a súa nominación como candidata á alcaldía de Vigo por parte do PP . Cremos que unha persona imputada, neste caso polo xulgado de Instrucción número 6 de Vigo, nunca debe ser candidata por un partido político. Quero que os ciudadáns de Vigo entendan que Porro estaba imputada por delito penal de prevaricación anteriormente, pediu o sobreseimento e agora o que fai o xulgado vigués é ratificar esa imputación por delito de prevaricación que a nos parécenos certamente grave.
Todos o entendemos se decimos que a señora Porro está na mesma situación que o señor Camps ou o señor Bárcenas polo caso Gürtel e, por tanto, cremos que para Feijóo e para Rajoy debe ser un motivo de preocupación nominar como candidata dunha cidade tan importante como Vigo a unha persoa que está imputada. Non é de recibo, e por iso Feijóo debería admitir a proposta feita onte polos parlamentarios socialistas na que se lle reclama o cese como presidenta do Porto de Vigo.
Xa o primeiro día que foi nomeada dixemos que éste era un mal nomeamento para a cidade e ísto confírmase este ano. Hoxe o Consello de Administración da Autoridade Portuaria confirma os peores augurios, o ano de Corina Porro foi o peor ano na xestión deste porto: os datos estatísticos corroboran que o valor das mercancías transitadas no pasado ano no porto vigués caiu un 25%, o que é o mesmo que dicir que con Corina Porro o porto retrocedeu aos niveis de 2005. Fronte a elo o periodo de maior inremento do valor das mercancías foi con Abel Caballero na presidencia da Autoridade Portuaria de Vigo.
Este panorama crea un conxunto moi dificultoso. O Porto de Vigo atópase baixo sospeita na medida en que unha presidenta está imputada por un delito de prevaricación que pode ter condea penal e cremos que xa é hora de que o PP tome iniciativas. Por hixiene democrática cremos que o que debe facer unha persona imputada é marcharse á súa casa, esperar a que decidan os tribunais e actuar posteriormente.
En calqueira caso non nos sorprende porque se analizamos o ano de xestión que leva a señora Porro na Autoridade Portuaria de Vigo vemos que case que todas as obras que foi propoñendo foron paralizándoas os Tribunais; desde o PSOE reafirmamos que o Porto de Vigo, ao igual que os ciudadáns, debe cumplir a legalidade”.
Voceiro do Grupo Municipal Socialista