Di non pertencer a Viticultores do Castro pero o documento indicando á Xunta en qué conta ingresar a subvención coa que se pagou o soldo da empregada do PSOE leva o seu nome e a súa suposta firma
Un dos actores do caso da axente electoral abre a porta no Xulgado a que alguén lle implicase na trama falsificando a súa firma
- David Fernández Ojea, edil socialista en Piñor, foi interrogado esta mañá no Xulgado número 2 de O Carballiño polo caso aberto da axente electoral
- Figura como representante legal de Viticultores do Castro e, ou ben non di a verdade, ou ben alguén falsificou a súa firma para colocalo á fronte da asociación ourensá sen el sabelo