sponsor

Cambiar tamaño del texto


Sports

Tamaño del texto: 10 12 14 16 18

OS SOCIALISTAS DENUNCIAN QUE A GALEGA CENSURA UN INFORME DE RICARDO VARELA SOBRE A MANIPULACION NA CRTVG

O PSdeG-PSOE critica que ningún Telexornal se fixo eco das críticas socialistas aos medios públicos galegos

Santiago de Compostela, 16 de marzo de 10. O PSdeG-PSOE criticou hoxe que a Televisión de Galicia e a Radio Galega lle deran a razón ao portavoz socialista na Comisión da CRTVG do Parlamento, que onte acusou aos medios públicos de ocultar e ningunear aos socialistas, entrando “nunha espiral de censura e manipulación sen precedentes”, ao excluír esta información dos seus informativos.

Os socialistas galegos sinalan deste xeito que nin a televisión nin a radio pagadas por tódolos galegos fixeron a máis mínima referencia ás críticas que Ricardo Varela fixo sobre a falta de pluralidade nos medios públicos e o acoso da TVG contra o líder socialista Pachi Vázquez. A máxima que guía a política informativa da TVG é clara: "o que non nos gusta non o contamos, aínda que pasemos por enriba da lei".

Ricardo Varela, nunha rolda de prensa, revelou datos sobre a ocultación e demonización á que se ven sometidos na TVG os responsables socialistas e sobre todo o secretario xeral do PSdeG, Pachi Vázquez.

O parlamentario socialista explicou que Núñez Feijóo saíu nos telexornais do pasado xaneiro nove veces máis ca Pachi Vázquez e, ademais, o presidente da Xunta e do PPdG acaparou máis do 80 por cento da información que se dedicou aos tres líderes políticos galegos. Ademais, na información política española, a TVG dedicou ao Partido Popular máis do dobre de tempo có PSOE, malia que os socialistas gobernan no estado e son o partido máis votado.

Os socialistas galegos lamentan que “nin os datos nin as valoracións de Ricardo Varela tiveron cabida nos telexornais da TVG nin nos informativos da Radio Galega, evidenciando unha vez máis que a CRTVG se salta ás súas obrigas con tal de borrar do mapa ós socialistas e ao seu líder galego, Pachi Vázquez”.

Fashion