Eroski de Angoares: crónica dunha morte anunciada (e non evitada)
Déixovos a nota de prensa que estes días saiu na prensa sobre o derrubamento do centro comercial Eroski da parroquia de Angores. Asume Solla a súa responsabilidade?. Que explicacións lle dará ás traballadoras e traballadores da superficie logo de non facer nada para impedir a desaparición dos seus postos de traballo?. A nosa postura:
“O Grupo Municipal do PsdeG-PSOE de Ponteareas, da man do seu portavoz Francisco Candeira, presentará unha moción no pleno do vindeiro xoves sobre o derrubamento do centro comercial Eroski da parroquia de Angoares logo de que se executara unha orde debido “as irregularidades feitas na concesión da licencia a dito centro no ano 2002, trala suspensión das normas urbanísticas no noso concello, sendo alcaldesa de Ponteareas a Sra. Nava Castro”.
Os socialistas denuncian que “a pesar de levar gobernando case 8 anos, o Partido Popular de Salvador González Solla non foi capaz de sacar adiante un plan de urbanismo que poña freo a sangría de sentencias xudiciais por ter inmobles en situación ilegal, ademais de non poder realizar obras moi necesarias para este concello, debido á falla do mesmo”. Por todo isto, o Grupo socialista preguntaralle ao alcalde do municipio que actuacións vai a emprender e, sobre todo, que explicacións lle dá aos traballadores de devandita empresa “por non ter regularizada a situación nestes últimos 8 anos do seu mandato”.
Por outra banda, os concelleiros din sentirse preocupados ao non saber que suporá para os contribuíntes e a facenda do Concello de Ponteareas, en termos económicos, o eventual derrubamento do centro comercial. Os socialistas preguntan para cando terá Ponteareas un plan de urbanismo que “regularice a situación de ilegalidade na que están numerosos inmobles deste concello”.