sponsor

Cambiar tamaño del texto


Sports

Tamaño del texto: 10 12 14 16 18

Carlos Aymerich: «O BNG non está a pasar os seus mellores momentos»

O deputado di que a formación vive unha «encrucillada histórica que require cambios», pero que non hai alternativa fóra da fronte.

Autor: MARIO BERAMENDI

A perda de apoio social do Bloque, que veu caendo ininterrompidamente en representatividade dende 1997, vén de abrir un fondo debate na fronte. Incisivo na crítica aos seus adversarios políticos, Carlos Aymerich (Vigo, 1967) amosa unha prudencia milimétrica á hora de analizar a súa organización. E cre que, chegada a precampaña, non é o momento de axitar divisións.

-¿Que balance fai destes case dous anos de lexislatura?

-A Xunta non está a enfrontar os problemas do país. Fai da confrontación e da división social unha bandeira. E amosa incapacidade. A xestión de Zapatero e a austeridade de Feijoo son un cóctel explosivo.

-¿Fan vostedes unha oposición branda ao PP, como din algúns sectores nacionalistas?

-Aí está o que dicimos coa lingua, coa sanidade, cos servizos sociais, coas caixas. Feijoo ten un discurso aquí e outro en Madrid.

-¿Que tal convive no Bloque cun modelo novo no que o portavoz nacional e o do Parlamento non son a mesa persoa?

-Iso foi o que se acordou na última asemblea. E é sabido que eu encabecei unha proposta distinta. Inicialmente puido introducir unha confusión coa opinión pública, pero foise diluíndo.

-¿Que relación mantén con Guillerme Vázquez?

-No persoal afectuosa, pero no político temos algunhas diferenzas.

-¿Ve vostede ao portavoz nacional como próximo candidato?

-Iso haberá que preguntarllo aos militantes do Bloque, que son os que teñen que decidir.

-Xa, pero eu a quen teño diante é a vostede, non aos afiliados do BNG...

-Estamos lonxe dese proceso. Quen propuxo a Guillerme Vázquez quixo diferenciar as dúas figuras, pero en último extremo quen falará será a militancia.

-¿Non é oportuno que o faga agora?

-En política as cousas teñen o seu tempo. Mais Galiza xa o demostrou na última asemblea. Falaremos despois das eleccións.

-¿Querería ser o candidato?

-A aspiración que teño é facer ben o meu traballo no Parlamento. Dende que milito no BNG son consciente de que estou nun proxecto colectivo. Os meus desexos persoais son algo secundario. Máxime cando o BNG non está a pasar os seus mellores momentos.

-¿Falaría vostede dunha crise?

-Estamos ante outra encrucillada histórica que require cambios. Recuperar o pluralismo, os grandes acordos. Facer unha organización aberta, que atraia xente descontenta desta crise. Sería un erro histórico non aproveitar a ocasión.

-Niso coincide con Beiras, que culpa á UPG de que iso non sexa así...

-As coincidencias con Beiras terémolas que ver na próxima asemblea nacional.

CARLOS AYMERICH PORTAVOZ DO

Fashion