A
Paralizaron unha obra da empresa Aldesa en Nigrán en protesta pola situación na que os deixa a subcontrata
Unha ducia de traballadores que participaban na construción dunha nave no polígono industrial do Molle, en Nigrán, manteñen paralizada a obra dende o venres para esixir o pago dos salarios pendentes despois de que o encargado da subcontrata á que pertencían, Rentabilitum, lles comunicase por teléfono a rescisión dos contratos. Dende a
Para a central nacionalista esta situación exemplifica perfectamente o que está a suceder no sector da construción, onde a entrada dun cada vez maior número de subcontratas está a provocar tamén un incremento da precariedade laboral. De feito, o abandono da subcontrata responde, segundo a
No caso de Rentabilitum, empresa que traballaba para Aldesa na construción dunha nave industrial no polígono do Molle, o encargado comunicoulle por teléfono aos 12 traballadores que lles rescindía o contrato, pero non lles dixo nada de cando nin como ían cobrar os salarios de agosto e setembro, as horas extra e as liquidacións. Dende a federación da Construción da
Tamén denuncian que intentaron negociar con Aldesa para que se fixese cargo deles e puidesen seguir nos seus postos realizando labores de albanelería, xa que segundo as estimacións queda traballo aínda para un mínimo de catro meses. Pero a empresa recoñeceulles que prefire subcontratar o persoal a outras compañías, aínda que lles adiantou que se fará cargo das débedas.