sponsor

Cambiar tamaño del texto


Sports

Tamaño del texto: 10 12 14 16 18

A CIG-Metal de Vigo renova a súa Executiva comarcal coa elección de Manuel Simón como novo secretario

Ao Congreso celebrado esta mañá concorría unha única candidatura, que foi avalada por 57 votos a favor

O Congreso comarcal da federación do Metal da CIG de Vigo escolleu esta maña a Manuel Simón como novo secretario. A súa candidatura, a única presentada, conseguiu o aval de 57 delegados/as e 27 votos en branco, mentres que a Executiva comarcal que encabazará os vindeiros catro anos obtivo 60 votos a favor e 12 en branco. O secretario comarcal da CIG de Vigo, Serafín Otero, foi o encargado de pechar un acto no que tamén se escolleron os membros da Dirección Comarcal e do Consello Federal e participaron arreor dun cento de delegados/as.

A Executiva encabezada polo anterior responsábel do Naval na Excutiva Comarcal da central nacionalista en Vigo está composta por:

Miguel Anxo Malvido Cabirto

Henrique Pérez González

Henrique Fernández Oliveira

César Rodríguez Martínez

Antón Bendaña Fernández

Emilio Alonso Nogueira

Roxelio Veiga Lago

Serxio Fontanes Blanco

O novo secretario comarcal salientou no seu discurso a importante labor feita nos últimos anos pola federación do Metal nun dos sectores con máis peso na economía da comarca e incidiu nos retos que se presentan, como a nova reforma laboral, a negociación dos convenios da Automoción ou as eleccións sindicais. Tamén citou o proceso de fusión coa federación de Químicas “para lograr unha federación máis forte e con máis recursos”.

A grave situación económica estivo presente tamén, con continuas referencias á necesidade de fortalecer a acción sindical como ferramenta de defensa diante dos ataques do sistema capitalista neoliberal. Para isto, apostou por “regularizar a participación a a coordinación dos distintos Subsectores [Naval e Automoción] para poder ofrecer respostas conxuntas”.

Capacidade de transformación

Pola súa banda, o secretario comarcal da CIG-Vigo, Serafín Otero, salientou a gravidade da crise e animou a “loitar polos dereitos da clase traballadora de igual xeito que esta federación o vén facendo dende hai 30 anos na comarca” porque, como lembrou, “se alguén transformou esta cidade e esta comarca foron os traballadores do Metal”. O acto pechouse coa interpretación do Himno galego.


Fashion