Califica de covarde a acción rexistrada esta madrugada e afirma que as diferenzas políticas dirímense debatendo e non incendiando locais
O PPdeG condena os ataques sufridos na súa sede de Nigrán e lamenta que haxa quen queira silenciar a forza das ideas a golpe de cóctel molotov
· A acción desta madrugada xerou importantes danos materiais na sede de Nigrán pero absolutamente ningún efecto sobre a moral e a determinación dos populares á hora de utilizar a política para a mellora decidida do país
· O PPdeG móstrase convencido de que ataques desta natureza á liberdade de expresión e política son rexeitados pola inmensa maioría da sociedade galega