A Fiscalía denuncia unha fraude, estafa e un delito
fiscal, inflado de proxectos, facturas falsas na maior constructora de portos
de Galicia coa connivencia de Portos Xunta de Galicia
A Fiscalía pidía ata 4 anos de
carcel para cada un dos fillos do responsable da empresa OyS Noroeste, e 400
mil euros para cada un dos acusados na principal adjudicataria das obras de
Portos de Galicia durante o mandato na Xunta do Partido Popular e adjudicataría
da maioría das ampliacións dos portos dependentes de Portos de Galicia sen
ningún tipo de licenza e infringiendo a maioría das normativas eurpeas, unha
orxía de corrupción sen límites.
Curiosamente a empresa ahora
xulgada sigue a día de hoxe adxudicándose a maior parte das obras en
ampliacións portuarias que dependen da Xunta de Galicia, entre elas a
ampliación do Porto en Caión, da que a Fiscalía Europea solicitou ao Goberno
español a apertura de dilixencias de investigación, do que fixo caso omiso
encubrindo aos denunciados.
O xuízo pola presunta fraude
millonario da principal constructora de obras portuarias de Galicia, OyS
Noroeste, que xerou polo menos 1,2 millóns de euros en diñeiro negro mediante
unha trama de facturas falsas, comezou hoxe coa petición do Ministerio Fiscal
ampliando a acusación por fraude fiscal.
Na súa acusación, a Fiscalía
solicita penas de ata 43 anos de cárcere e multas de máis de 100.000 euros para
os responsables da firma de Outes, constructora da maioría dos portos
deportivos galegos adxudicados por Portos de Galicia, cando o Partido Popular
gobernaba na Xunta.
17 persoas figuran como acusados
no escrito do fiscal, Juan Antonio Frago, que lles imputa en distintas cantidades
ata doce delitos, apropiación indebida, estafa, falsedad documental, alteración
de prezos en poxa pública e varios delitos societarios e contra a Facenda
Pública.
O principal acusado, imputado en
todos os delitos, é Francisco Rodríguez Fernández, máximo responsable de OyS,
aínda que os seus catro fillos, tamén están acusados son os propietarios legais
da firma, con base no municipio coruñés de Outes.
O fiscal acusa a Francisco
Rodríguez de cometer, desde 1995, varios delitos fiscais e societarios co
obxectivo de traspasar ilegalmente a OyS os bens doutra empresa, Segundo
Rodríguez SL , unha constructora familiar da que Francisco era socio ao 50%
xunto ao seu irmán Segundo e que desde 1995 era a principal constructora de
obra pública adxudicada por Portos de Galicia.
Segundo o escrito de acusación,
Francisco Rodríguez alterou as contas anuais de SR nos exercicios de 1998 a
2007 coa intención de prexudicar á Facenda Pública e ao resto dos socios.
Ademais, o 29 de xuño de 1998,
uns meses despois de que os seus fillos fundasen OyS, Francisco Rodríguez
traspasou 85 millóns de pesetas desde a conta de SR que tiña co seu irmán a
outra da que só el era propietario.
Nos meses seguintes, Francisco
Rodríguez captou ilícitamente para OyS e con intención de lucrarse
económicamente a 25 dos 68 traballadores de SR, e polo menos 56 vehículos
pesados da flota coa que contaba a empresa que el e o seu irmán herdaran do seu
pai. Todo iso sen abonar nin un só céntimo a SR, segundo o escrito do fiscal.
O resultado foi que en apenas
dous anos SR foise á ruína, ata o punto de que en 1999 pechou. Mentres, OyS
Noroeste enriquecíase sospechosamente, desde os 20 millóns de pesetas cos que
foi fundada en 1997 ata os 742 que a firma declarou dous anos despois, en 1999.
Así o recolleu no seu informe a inspectora de Facenda Mercés Seisdedos, no
peritaje fiscal que lle encargou o xulgado de Muros.
Alí foi onde comezou a
investigación, a raíz dunha denuncia interposta en 1998 por Segundo Rodríguez
contra o seu irmán, ao que acusaba de apropiación indebida e fraude fiscal.
Tras máis de dez anos de
dilixencias nas que se demostraron as irregularidades económicas cometidas por
OyS, o caso entra na súa última fase.
A trama á que apunta o fiscal que
reprocha ao Avogado do Estado a súa falta de acusación concreta estan
Hormigones Sierra de Outes, Mancomunado de Hormigones Rías Baixas, Talleres
Horta, Felipe Ces SL, Granor, Granitos Xallas, Neumáticos Tino, Granitos
Derrocar e Carracedo e SL.
Segundo o fiscal, entre 1998 e
2007, os administradores destas firmas aportaron diversas facturas de
suministros a OyS Noroeste, para cadrarlles as contas de face ás súas
ulteriores declaracións tributarias, por importes dos seus correspondentes
materiais ben inexistentes, ou en cuantías moi superiores ao que realmente
forneceuse, todas esas empresas emitiron durante anos facturas falsas para OyS
para engordar as súas contas, só nos exercicios de 1998, 1999 e 2000 hai un
buraco de 1,2 millóns de euros nunca declarados ante Facenda ou o que é o mesmo
han estafdo aos servicos que se pagan para os cidadáns.
A trama de OyS Noroeste comezou
fai dez anos, especializouse en obras portuarias, e durante os anos 90 recibiu
a maioría das adjudicaciones de obras que sacaba a concurso Portos de Galicia
que de forma máis que curiosa levábase todas as adjudicaciones incluídas as
ampliacións portuarias por todo o litoral a través de UTE,s para despistar.
O Maxistrado da Sala Segunda de
lla Audiencia Provincial a rexeitado a nulidad das actuacións solicitada pola
defensa e novas imputacións e ampliación dos delitos por parte do fiscal,
pechándose a apertura da vista cun claro presentimento de que a Sala absolverá
a todos os acusados por prescripción dos delitos.
A defensa dos acusados nos seus
alegatos cargou con dureza contra a Fiscalía acusándoa de facer escritos á
medida dos seus fiscais discordanetes coa cualificación dos feitos e en cuxo
alegato solicito ao Presidente da Sala, que non se aceptasen os alegatos
fiscais en base a que a fiscalía é unha como unidade, e xa había feitos as súas
cualificacións que obraban nos autos..