INICIO
DO PROXECTO AQUELANDO 3 EN PONTEAREAS
Hoxe
no Centro de Desenvolvemento Local de Ponteareas, a deputada provincial Marta
Iglesias, ven de presentar a acción formativa: Atención Sociosanitaria a
Persoas Dependentes en Institucións Sociais.
No
acto, estivo acompañada pola concelleira de emprego Marisol Valado, e persoal
técnico da Deputación Provincial.
Esta
acción, desenvólvese dentro do proxecto Aquelando 3 do que forma parte o
concello, froito da firma coa Deputación Provincial do “Pacto Provincial para a Calidade e Produtividade Social no
Emprego”, que se enmarca no programa operativo europeo “Adaptabilidade e Emprego”
do Fondo Social Europeo.
Para este ano, está
previsto que no CDL, se impartan tres acción formativas o carón de dito
programa.
A deputada, fixo
referencia a que para esta edición, a
empresa impartidora está comprometida por contrato, a insertar a nove persoas
como mínimo, o que supón un 60% do alumnado que participa neste curso. Recordar
que para o ano 2015, “no que levamos de
proxecto aQuelando 3, 50 persoas atoparon traballo gracias a formación obtida
por medio dos certificados de profesionalidade o que supón 30% de inserción
global, pero hai que ter en conta que agora estanse a por en marcha 24 accións
formativas que supondrán un considerable aumento desta porcentaxe”, subliña
Marta Iglesias.
A acción formativa, terá unha duración de 500 horas e nela participan un
total de 15 alumnos/as. O longo deste tempo, adquirirán coñecementos e habilidades
necesarios para atender a persoas
dependentes, no ámbito sociosanitario, na institución onde se desenvolva a súa
actuación, aplicando as estratexias deseñadas polo el equipo interdisciplinar
competente e os procedementos para manter e mellorar a súa autonomía persoal e
as súas relacións co contorno. A formación completarase con 80 horas de prácticas en
empresas do sector.
O Alcalde Solla, considera
a este proxecto formativo, como un dos máis representativos da comarca, pola
repercursión na creación de emprego, nun sector prioritario para a poboación,
polo que o concello non escatimará apoio e esforzos para seguir colaborando coa deputación provincial no seu
desenvolvemento.
Pola súa banda, a
concelleira Valado, agradeceu o apoio, que dende a Deputación se ven dando a
inversión para a promoción de actividades formativas, e animou as
alumnas a percurar un resultado óptimo, aproveitanto tanto os recursos
técnicos, como as novas instalacións do CDL, como didácticos, que o concello
puxo a disposición da deputación provincial, para este proxecto. Asomesmo, lembrou aos
participantes que “agora, é imprescindible
estar en posesión deste certificado de profesionalidade para poder traballar no
sector, polo que, a oportunidade que se lles ofrece dende a deputación e o
concello é unica, e como tal, compre aproveitala”.