sponsor

Cambiar tamaño del texto


Sports

Tamaño del texto: 10 12 14 16 18

Programa de voluntariado para persoas con Alzheimer
No Ano Galego do Alzheimer, a Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado e a Secretaría Xeral de Política Social poñen en marcha esta iniciativa co obxectivo de mellorar a calidade de vida das persoas que padecen a enfermidade de Alzheimer e das súas familias e coidadores.
Este programa xorde coa idea de fomentar que os cidadáns teñan un maior coñecemento e solidariedade cara ás persoas que padecen esta demencia e contribúan a garantirlle unha vida digna a estas enfermos, na súa maioría persoas maiores.
O apoio de persoas voluntarias na atención dos enfermos de Alzheimer permítelles gozar da compaña doutras persoas e axúdalles a mellorar o seu estado de ánimo,e para as familias e persoas coidadoras é unha axuda de gran valor.

As persoas voluntarias realizarán nestes Centros fundamentalmente funcións de acompañamento.
Estarán dirixidas por un profesional ou responsable do centro e contribuirán a que os usuarios participen nas diversas actividades que se desenvolven no centro, a apoialo na súa mobilidade, a realizar as actividades da súa vida cotiá e a ocupar o seu tempo libre.

As persoas que queiran prestar accións de voluntariado con este colectivo poderán colaborar nos seguintes centros dependentes da Consellería de Traballo e Benestar.

Fashion