sponsor

Cambiar tamaño del texto


Sports

Tamaño del texto: 10 12 14 16 18


O xoves 28 arracan as Xornadas das Mulleres Veciñais de Vigo 2010.

Os vindeiros 28 e 29 de outubro, de 16 a 20h no Hotel Coia, terán lugar as Xornadas das Mulleres Veciñais 2010, organizadas pola Vogalía de Igualdade da FAVEC coa colaboración da Concellaría de Igualdade do Concello de Vigo.

Esta edición celebrarase baixo o título “Educando desde a perspectiva de xénero”, e contarán cunha mesa redonda e diversos obradoiros centrados na educación en igualdade no seo do fogar e a familia conducidos por varias expertas.

>>Seguir lendo

As xornadas comezarán o xoves 28 de outubro ás 16:15 horas coa presentación das Xornadas, unha mesa redonda e catro obradoiros, “Os cambios vitais nas mulleres” impartido pola doutora en psicoloxía María Lameiras; “Iamos a ser raíñas. A relación entre as nais e as fillas”, que impartirá a psicóloga clínica Pilar González García; “Meu papá tamén me mima. Paternidade responsábel”, pola responsable da Plataforma por Permisos Iguais e Intransferibles de Nacemento e Adopción, Montse Vilar Figueirido; e “Así planchaba, así, así. Os xogos e os xoguetes sexistas”, a cargo da profesora de Primaria, Marisa Iglesias.

A partir das 19 horas desenvolveranse outros catro obradoiros. O primeiro será ”Eu quero ser. Orientación profesional desde a perspectiva de xénero”, impartido pola experta en Xénero Emma Casal. O seguinte será “As mozas son blogueras. As novas tecnoloxías como axentes educadores na familia”, a cargo da doutora sobre estudos da Muller da Universidade de Valencia Monse Vilar. Posteriormente celebrarase “Quero, sinto, penso. Asertividade e linguaxe”, que impartirá a experta en xénero Emma Teixeira. Finalmente, o programa do xoves rematará con “Iamos ser raíñas. Como educan os contos infantís”, a cargo da psicóloga clínica Pilar González.

O venres, 29 de outubro, ás 18.30 horas terá lugar a posta en común por parte das asistentes e a clausura das Xornadas, que rematará coa actuación da actriz galega Clara Gayo, ás 19.30 horas que interpretará o seu espectáculo teatral “Estrés”.

INSCRICIÓNS

As mulleres interesadas en participar, deberán inscribirse na súa respectiva asociación veciñal. Aquelas que non formen parte de ningunha asociación poderán acudir o propio día de comezo das xornadas ao lugar de celebración das mesmas.

Inscrición gratuíta. Aforo limitado

Fashion