sponsor

Cambiar tamaño del texto


Sports

Tamaño del texto: 10 12 14 16 18

CCOO OPONSE ROTUNDAMENTE AO DESPEDIMENTO DE TRABALLADORES DA CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN

CCOO denuncia que a Administración fixo efectivo o 31 de agosto a redución de persoal laboral nos centros educativos

A Federación do Ensino de CCOO de Galicia denuncia a política restritiva da Consellería de Educación co recorte no servizo de comedores escolares e a supresión de postos de traballo de persoal de cociña. CCOO amosou a súa total oposición votando en contra da relación de postos de traballo de persoal laboral da Consellería de Educación na Comisión de Persoal reunida o pasado 4 de agosto, e que se fai efectiva coa súa publicación no DOG do pasado 30 de agosto. Estamos a falar da supresión de trinta e nove postos de traballo do persoal de cociña e do peche de oito comedores no rural.

Para CCOO segue a ser prioritaria a defensa dos dereitos laborais dos traballadores e traballadoras dos centros públicos, polo que seguiremos defendendo o carácter público dun servizo tan importante como é o dos comedores escolares, no que están implicados todos os membros da comunidade educativa.

É este un exemplo máis da política de recorte dos servizos públicos esenciais levada a cabo por parte da Administración galega. Para CCOO, detrás destas medidas hai un plan de privatización dos servizos públicos ao que xa amosamos a nosa total oposición porque a alternativa privada non implica un grande aforro e supón unha mingua na calidade e no control do servizo

Fashion