sponsor

Cambiar tamaño del texto


Sports

Tamaño del texto: 10 12 14 16 18

Diante da reunión do Comité Intercentros co Secretario Xeral de Educación

CCOO critica a política “economicista” da Consellería de Educación na organizacións dos comedores escolares.

CCOO esixe unha organización do servizo público de comedores escolares que responda a criterios de calidade.

14 de xullo de 2010

A Federación do Ensino de CCOO denuncia a política economicista da Consellería de Educación no que respecta a organización dos servizos públicos e neste caso concreto á organización dos comedores escolares.

Hoxe, 14 de xullo o Secretario Xeral de Educación recibiu ao Comité Intercentros do que forma parte CCOO. Nesta xuntanza, desde CCOO-Ensino achegámoslle, unha vez máis, ás nosas reivindicacións:

- non ao peche dos comedores escolares no rural,

- non a redución de persoal nos comedores escolares

- aclaración das instrucións dos comedores escolares para o curso 2010-2011.

A contestación do Secretario Xeral limitouse a basear estas accións na ausencia dun maior presuposto que puidera cubrir outras demandas.

Para CC.OO é inadmisible o desmantelamento e a privatización dos servizos públicos e complementarios no medio rural baseándose en criterios económicos. Os servizos educativos e complementarios teñen que ser xestionados directamente pola Administración, garantindo así a calidade e o carácter público dun servizo fundamental como son os comedores escolares e que afecta directamente a toda a comunidade educativa.

Desde CCOO-Ensino esiximos á Consellería o compromiso real e efectivo cos servizos públicos de calidade no medio rural. Esiximos unha organización do servizo público de comedores escolares que responda a criterios de calidade.

Fashion