sponsor

Cambiar tamaño del texto


Sports

Tamaño del texto: 10 12 14 16 18

CC OO denuncia que Educación «espreme» os cadros de persoal

A Federación do Ensino do sindicato anticipa un inicio de curso «movido»

26-07-2010.- A Federación do Ensino de Comisións Obreiras de Galicia denuncia que a Consellaría de Educación «espreme» os cadros de persoal para cubrir os postos de traballo. O sindicato constata que o departamento educativo se está a esforzar en «reducir» postos, rexistrándose casos onde a mingua de profesorado chega ao 10% por culpa dos recortes.

Segundo CC OO, a esta situación cómpre sumar o «traballo sucio» que a Consellaría lles deixa aos equipos directivos, que deben decidir a que profesorado lle ofrecen a posibilidade de se desprazar ou suprimir a praza, sempre sen deixar «nada por escrito». A Federación do Ensino explica que se está a «abusar» das materias afíns e de non cubrir os titulares desprazados por motivos de saúde, entre outras cuestións.

Para o sindicato, o obxectivo de Educación é subir a ratio de alumnado por docente ata a máxima posible por lei, que é de trinta alumnos por aula na ESO. Os recortes afectan, ademais, a centros situados tanto en localidades grandes coma pequenas, desde o IES Francisco Aguiar de Betanzos —tres docentes menos— ao IES Pedra da Aguia de Camariñas —cinco menos—, pasando polo IES Lagoa de Antelo de Xinzo de Limia —cinco menos— ou o IES Lama de Castelo en Carnota —un 5% menos de profesorado—, entre outros moitos exemplos.

A Federación do Ensino de CC OO convida a Consellaría a reconsiderar a súa postura e a vixiar e controlar a dilapidación de diñeiro público «onde realmente existe». Do contrario, o sindicato anticipa un inicio de curso «movido».

Fashion