sponsor

Cambiar tamaño del texto


Sports

Tamaño del texto: 10 12 14 16 18

NOTA DE PRENSA

Redactaráse unha moción para ser debatida en todas as corporacións locais

A FEMP PEDIRÁ AO GOBERNO QUE EN 2011 PERMITA INVESTIR AOS CONCELLOS MÁIS SANEADOS

Ø Der ser aprobada a medida o Concello de Vigo podería seguir o seu ritmo de investimentos no vindeiro ano ao ser un dos Concellos máis saneados de España

Ø O que se pretende é que o Goberno á hora de establecer os límites teña en conta o nivel de endebedamento á vez que a solvencia económica e a financeira

Ø A FEMP considera que a limitación de solicitar cretos a longo prazo, tal e como recolle o Real Decreto, non debe aplicarse de xeito indiscriminado

Vigo, 29 de xuño de 2010.– A Federación Española de Municipios e Provincias (FEMP) aprobou hoxe por unanimidade pedir ao goberno central que permita investir aos concellos máis saneados o ano que ven. Así o asegurou o alcalde de Vigo, Abel Caballero, tras asistir esta mañán en Madrid á Comisión Executiva da Federación Española.

“Non é xusto nin axeitado que ningún Concello poida proceder a executar as inversións o vindeiro ano porque non todos somos iguais e polo tanto non podemos ser tratados de igual xeito”, asegurou Caballero. Tal e como apuntou o mandatario vigués se a medida resultara aprobada permitiría que Vigo, un dos Concellos menos endebedados de España, podería manter o seu ritmo de inversións en 2011. “No 2011 Vigo podería preseguir na senda de inversións dos últimos anos e podería humanizar outras 50 rúas”, engadiu o alcalde.

O acordo da comisión executiva refírese á eliminación da limitación do endebedamento no próximo ano para os proxectos xa iniciados, os cofinanciados con outras institucións ou organismos autónomos e os que teñan carácter plurianual, así coma os gastos de reposición, establecida no Real Decreto sobre a reducción do déficit público. O que se busca é que se teña en conta o nivel de endebedamento á vez que a solvencia económica e financeira á hora de establecer límites ao endebedamento.

A FEMP considera que a limitación de solicitar crétos a longo prazo, tal e como recolle o Real Decreto, non debe aplicarse do xeito indiscriminado a todos os Concellos por igual xa que as circunstancias e a solvencia de cada un deles non é idéntica.

Para facer efectiva a proposta a FEMP redactará unha moción que se remitirá a todos os gobernos locais para que aproben nos seus plenos no mes de xullo e remitan despóis os acordos ao Goberno e aos grupos parlamentarios do Congreso e do Senado para que os contidos sexan recollidos na Ley dos orzamentos xerais do Estado de 2011.

Fashion