sponsor

Cambiar tamaño del texto


Sports

Tamaño del texto: 10 12 14 16 18

18 de novembro de 2015.- A Federación de Sindicatos de Periodistas apela ao cumprimento da deontoloxía profesional para opoñerse ás mensaxes que poidan contribuír á difusión do terror.
Ante os recentes atentados terroristas de París, nos que foron asasinadas 129 persoas e varios centos resultaron feridas, a Federación de Sindicatos de Periodistas (FeSP) expresa o seu rotundo rexeitamento ao terrorismo e a súa solidariedade e condolencias aos familiares das vítimas, os feridos e o pobo francés. A FeSP súmase á mensaxe da Federación Europea de Periodistas (FEP), á que pertence, e ao chamamento que fixeron aos profesionais da comunicación para preservar a información das mensaxes de odio.
Unha parte dos medios de comunicación de España, entre eles distintas radios e televisións públicas e tamén privadas, cumpriron coa súa obriga de realizar un bo traballo e informar con veracidade á cidadanía sobre estes atentados. Pero houbo medios, columnistas e tertulianos de distintas cadeas de radio e televisión que caeron na simple condena demagóxica e non ofreceron á sociedade unha análise contextualizada do ocorrido. Tamén asistimos a malas prácticas xornalísticas debidas ao sensacionalismo esixido por algúns xefes sen escrúpulos que desprezan a información de calidade, veracidade e contrastada que reclama a cidadanía.
Algúns responsables das administracións públicas, dalgunhas formacións políticas e diversos comentaristas recorreron a unha linguaxe bélica e reclaman “medidas de urxencia” que poñerían en perigo o exercicio de dereitos e liberdades democráticas esenciais da cidadanía.

Antes estes prantexamentos, a FeSP recorda a toda a profesión xornalística e a todos os medios de comunicación que:
-Hoxe máis que nunca debemos observar as normas de estilo e atender as recomendacións dos códigos deontolóxicos para non ofrecer informacións que conteñan mensaxes de odio e de discriminación.
-É necesario resistirse ás supostas necesidades de reforzar a nosa seguridade que poden levar aparellado o recorte de liberdades individuais e colectivas.
-Ademais de expresar a repulsa ao terrorismo e a súa condena, hai que denunciar tamén o aumento das desigualdades e das discriminacións entre os pobos.
-Os informadores, ademais de estar obrigados a ser veraces, temos a responsabilidade de non empregar expresións que poidan contribuír a fortalecer as mensaxes dos intolerantes e dos que queren aterrorizarnos.

A FeSP recorda que para combater o terrorismo non hai que recortar dereitos e liberdades e fai un chamamento á cidadanía a que distinga entre a comunidade musulmá, que merece ser respectada, e o terrorismo xihadista, que sempre debe ser condenado.
Non ao terrorismo, si ás liberdades!

Junta Ejecutiva Federal de la Federación de Sindicatos de Periodistas (FeSP)

Fashion