sponsor

Cambiar tamaño del texto


Sports

Tamaño del texto: 10 12 14 16 18


ALUMNOS DO CEIP MESTRE RAMIRO SABELL MOSQUERA DE PONTEAREAS LOGRAN CREAR DUAS COOPERATIVAS EMPRESARIAS DENTRO DO PROXECTO COOPERANOVA


A deputada provincial Marta Iglesias e o alcalde de Ponteareas, Salvador Gaonzález Solla, acompañados pola concelleira de comercio e industria, Marisol Valado e o concelleiro de educación, Andrés Sampedro, xunto a responsables do centro,  entregaron as acreditacións aos estudantes nun acto no centro.

O programa Cooperanova da Deputación de Pontevedra logrou o desenrolo de 12 cooperativas en 10 colexios de 9 municipios, nas que participaron un total de 233 alumnos, Arbo, Valga, Tui, A Garda, Pontevedra, Ribadumia, Ponteareas, A Estrada e Forcarei.

No CEIP Mestre Ramiro Sabell Mosquera de Ponteareas, 37 alumnos recibiron na  mañá do mércores as tarxetas identificativas das dúas cooperativas escolares creadas no centro, dentro do proxecto “Emprender na miña Escola-Cooperanova”.

O programa Cooperanova, que ademais de contar co apoio da Deputación, está realizado en colaboración coa Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia e pretende trasladar aos estudantes un espírito emprendedor e os coñecementos básicos da formación e xestión dun proxecto empresarial. A intención é que os alumnos traballen durante o curso na constitución e posterior xestión de cooperativas escolares, seguindo principios básicos como traballo en equipo, ou a elaboración e comercialización de produtos no mercado local.
No caso do CEIP Mestre Ramiro Sabello de Ponteareas, os dous proxectos realizados teñen a denominación de Tijeriladia e Imagina.

Tanto Marta Iglesias como Salvador González Solla felicitaron aos profesores e estudantes polo traballo realizado e confiaron en que a experiencia contribúa de maneira decisiva á formación dos mozos estudantes.
Os alumnos celebraron previamente unha asemblea constituínte das súas cooperativas e elixiron democraticamente aos distintos integrantes da xunta directiva (presidente, tesoureiro, secretario). Ademais, organizáronse departamentos específicos como os de calidade, mercadotecnia, imaxe ou relacións públicas. Os membros aportaron un capital inicial e incorporación nos seus estatutos de responsabilidade social na que explicitan qué parte dos beneficios irán destinados a unha con fins sociais.
Para realizar un seguimento pormenorizado do proxecto poida consultarse na páxina web da Deputación de Pontevedra (www.depo.es), ou ben no enlace http://emecooperanova.wordpress.com/

Fashion