sponsor

Cambiar tamaño del texto


Sports

Tamaño del texto: 10 12 14 16 18

Mos persegue a vangarda tecnolóxica ofrecendo agora un curso AFD de Programación de Sistemas Informáticos

Financiado pola Xunta, ten un orzamento de 92.000 euros e impartirase no CDL do 2 de agosto ó 28 de novembro
Dende a concellería de Formación e Emprego mosense que dirixe o edil Óscar Soto informouse hoxe da concesión por parte da Xunta de Galicia ó Concello de Mos do primeiro curso AFD (Accións Formativas para Desempregados) deste ano consistente nun Curso de Programador de Sistemas Informáticos co que as novas tecnoloxías continúan a xerar un novo esceario en relación co emprego e a formación neste municipio.
O orzamento co que conta o curso de Programación de Sistemas Informáticos ascende a preto de 92.000 euros, segundo explicaba esta mañá Soto, quen ademais anunciou que, precisamente esta mañá, aprobouse en Xunta Local de Goberno en relación tamén coa aposta deste Concello polas novas tecnoloxías, a empresa proveedora para o proxecto CDIT_Mos de renovación tecnolóxica do CDL, Centro de Desenvolvemento Local mosense. Paso previo ó proxecto do Centro de Dinamización Tecnolóxica, CDIT, no CDL de Mos foi a adhesión á rede CEMIT aprobada no Pleno da Corporación Municipal do pasado mes de maio. Esta rede forma parte da Axenda Dixital 2014.gal enmarcada no Plan Extratéxico Galicia 2010-14, que ten como fin acadar a converxencia con Europa no horizonte do ano 2020. O Centro de Dinamización Tecnolóxica, que estará ó abeiro da axuda do programa Leader Galicia 2007-2013, prevese que estará totalmente rematado e listo para a súa posta en marcha a finais do vindeiro mes de agosto. O CDIT_Mos vai dirixido á poboación e ao tecido empresarial en particular, para que dispoñan de tódolos medios informáticos, electrónicos e multimedia necesarios para mellorar a súa calidade de vida, o acceso ao mercado de traballo no caso da poboación desempregada, a mellora da ocupabilidade, tanto de activos como de parados, a mellora e incremento da competitividade e do acceso ás novas tecnoloxías por parte de Pemes e de empresarios individuais. “En definitiva, o que queremos é que os nosos veciños estean á vangarda do progreso e que sexan cidadáns de primeira”, explicou sobre este proxecto o concelleiro responsable, Óscar Soto. O CDIT busca impulsar as TIC e a sociedade da información na comunidade mosense.
Voltando á concesión do curso AFD de Programador de Sistemas Informáticos, engadir que se trata dunha acción formativa de 608 horas de duración, e que todas aquelas persoas interesadas en realizalo poden chamar ou dirixirse ó CDL para informarse sobre a inscrición no mesmo, posto que a convocatoria pública atópase xa aberta. Os interesados en realizar o curso que cumpran os requisitos de acceso, pódense anotar na Oficina de Emprego de Porriño ou na oficina onde selen a súa tarxeta de demanda de emprego.
Na actualidade, as novas tecnoloxías ábrense coma canles de información e ensinanza que se fan imprescindibles para a actuación social. Así mesmo, a carencia de perfís profesionáis relacionados coas novas tecnoloxías, provocan a dificultade das empresas tecnolóxicas para cubrir os postos que necesitan nas mesmas. Fáise necesaria unha mellora na capacitación profesional daquelas persoas que reúnen un perfil adecuado para ocupar postos deste tipo.
O Concello de Mos, na súa aposta pola incorporación da poboación ás novas tecnoloxías e a mellora da empregabilidade dos e das demandantes activos de emprego, en profesións con proxección de futuro, ofrece este curso, que se desenvolverá dende o 2 de agosto ata o 28 de novembro do presente ano 2012.
Esta acción formativa vai dirixida preferentemente a persoas desempregadas e está financiada pola consellería de Traballo e Benestar, e o Fondo Social Europeo. A selección de participantes realizarase no CDL o día 31 de xullo ás 09.00 horas.
Con este novo curso AFD o Concello de Mos en xeral e a concellería de Formación e Emprego mosense en particular volven demostrar unha vez máis a súa aposta decidida pola renovación tecnolóxica que se suma a outras iniciativas coma o anteriormente mencionado proxecto do CDIT_Mos ou a adhesión ó Programa de Voluntariado Dixital.
A adhesión a este programa, aprobada tamén no Pleno do pasado mes de maio, supón un custe cero para o Concello e constitúe un complemento adecuado ao Centro de Dinamización e Innovación Tecnolóxica (CDIT_MOS) do Concello e da Rede CEMIT.
O programa, tal e como explica Soto, ten como misión incorporar as novas tecnoloxías á vida cotiá de todos mediante a colaboración e compromiso das persoas voluntarias, co obxetivo de movilizar á poboación mosense cara a unha sociedade da información e o coñecemento.
Os obxetivos do programa son: promover a innovación na xestión, potenciar o uso das novas tecnoloxías por parte da cidadanía, apoiar e consolidar ó sector terciario posibilitando a súa autonomía, participación, colaboración e mellora na súa xestión diaria, fomentar a responsabilidade da propia sociedade civil a través da dedicación voluntaria de tempos e capacidades xa sexa a nivel individual ou a través da responsabilidade social empresarial (RSE) por parte do sector privado e outras entidades e organización de calquera ámbito na nosa comunidade; promover a eficiencia e cooperación, contribuir a xerar e difundir a marca voluntariado e novas tecnoloxías como unha marca que canalice as diferentes accións solidarias na nosa comunidade, que inciden directamente na movilización da cidadanía de cara á sociedade da información e o coñecemento.
Asimesmo os beneficios que reportará esta adhesión serían tomar contacto co mundo da tecnoloxía, actualizar as súas capacidades, xa que tanto a organización como os seus beneficiarios poden solicitar apoios dixitais, beneficiarse dos recursos que o Programa de Voluntariado Dixital adica á captación de voluntarios, e á súa posterior formación e seguemento, beneficiarse da carta de servizos que se desenvolva no marco do proxecto, difundir o seu labor e intercambiar boas prácticas a través de redes distintas usando os mecanismos de comunicación do Programa de Voluntariado Dixital, vincular a imaxe da organización ó Programa de Voluntariado Dixital aparecendo como entidade adherida en determinados materiais de difusión do proxecto, e estar ó día de forma periódica sobre as actividades que se organizan no marco do proxecto.
Gala Fernández - Prensa
Telf. 667 168 516 begin_of_the_skype_highlighting            667 168 516      end_of_the_skype_highlighting

Fashion