sponsor

Cambiar tamaño del texto


Sports

Tamaño del texto: 10 12 14 16 18



Convocatoria/invitación para a participación no
Día Internacional das persoas maiores
(1 de outubro de 2012)

Aproveitando que estamos no “Ano Europeo do Envellecemento Activo e a Solidariedade Interxeracional” e que as accións de voluntariado e de mentorado son unha boa mostra da participación social e das relacións interxeracionais, desde esta Secretaría xeral de Política Social para conmemorar o Día Internacional das persoas maiores queremos:

-       Coñecer e difundir todos os programas de voluntariado que se están levando a cabo na Comunidade Autónoma de Galicia.
-       Crear e poñer en funcionamento un Banco de Voluntariado de persoas  maiores.
-       Coñecer e difundir a relación de persoas maiores , da Comunidade Autónoma de Galicia,que logo de desenvolver a súa actividade laboral no ámbito empresarial están dispostas a poñer, de xeito voluntario,a súa experiencia ao servizo das persoas xoves que estean interesadas en dedicarse a esta actividade.
-       Crear e difundir un rexistro de persoas maiores expertas en actividades de emprendemento, consolidación e promoción empresarial, interesadas en prestar asesoramento de xeito voluntario a persoas xoves emprendedores.

Para elo convidamos a todas as entidades, grupos ou particulares que colaboren nestes ámbitos a que nos fagan chegar, antes do día 15 de setembro ao correo electrónico plangalegomaiores.benestar@xunta.es:

-       As experiencias de voluntariado que están realizando con persoas maiores, incluíndo tanto aquelas nas que as persoas maiores son receptoras de accións voluntarias como aqueloutras nas que son prestadoras.
-       As propostas para a organización, implantación e mantemento dun Banco de voluntariado de persoas maiores.

-       As experiencias de mentorado de persoas maiores que están prestando asesoramento a persoas xoves para a creación de empresas
-       As propostas para o desenvolvemento dun rexistro de mentorado entre persoas maiores, xa xubiladas, e mozos e mozas que comezan a súa actividade profesional.

Con todas elas farase un recompilatorio e, por persoal técnico da Secretaría Xeral de Política Social, unha selección das máis relevantes e das que teñen maior repercusión social ou viabilidade

As que resulten seleccionadas serán presentadas no acto que se celebre para conmemorar o Día Internacional das persoas maiores e faráselles un recoñecemento público aos seus responsables.


Nota: As experiencias ou propostas que se presenten axustaranse aos apartados que se sinalan nos modelos que se acompañan e non poderán ocupar máis de 4 folios (en papel DINA4 , letra arial de tamaño 14).

Programa de: voluntariado¨ mentorado ¨

Datos de identificación da entidade/s e responsable:

Ÿ Denominación da entidade que o executa:
Ÿ Está inscrita no Rexistro de entidades prestadoras de Servizos Sociais?:
Ÿ Responsable do programa:
Nome e apelidos
Enderezo postal,
Enderezo electrónico e
Teléfono/s

Datos do programa
Ÿ Denominación:

Ÿ Breve descrición:

Ÿ Data de implantación:

Ÿ Número de persoas maiores que colaboran como voluntarios:

Ÿ Número de persoas maiores, ou xoves se é o caso, que se benefician dos servizos dos voluntarios:

Ÿ Participan no programa outros grupos de idade (nenos, mozos, adultos)?  En caso positivo indicar:
Nº de voluntarios por grupo de idade
Nº de beneficiarios da acción de voluntariado por grupo de idade

Ÿ Participan no programa outros colectivos diferentes ao de persoas maiores (persoas con discapacidade, persoas con enfermidade mental, persoas con alzheimer, reclusos, persoas sen recursos, inmigrantes, xoves, persoas en situación de desemprego.......)?. En caso afirmativo indicar cal/es.

Recursos para o desenvolvemento do programa
Ÿ Persoais: Sinalar o número de persoas que se dedican á súa organización e coordinación así como a dedicación mensual.

Ÿ Materiais: Sinalar as instalacións, equipamento (informático, vehículos, ...) que se utilizan.

Ÿ Económicos: Sinalar o orzamento que supón o desenvolvemento do programa ao mes e o seu financiamento.

Difusión do programa
Ÿ É coñecido este programa a nivel local, provincial, autonómico ou estatal ?
Ÿ Tense recibido algún tipo de recoñecemento público pola súa execución?
Proposta de creación de:
Banco de Voluntariado de persoas maiores de Galicia¨
Rexistro de mentorado¨


® Relación e descrición das actuacións de voluntariado ou mentorado.


® Relación e descrición do perfil das persoas que ofertan ou reciben actuacións de voluntariado ou mentorado.


® Difusión e captación de persoas maiores interesadas en prestar e/ou recibir accións de voluntariado ou mentorado, se é o caso.



® Actualización permanente do rexistro de persoas prestadoras e receptoras


® Estrutura de funcionamento :

Organización e coordinación

Recursos materiais

Recursos persoais

Recursos económicos


Fashion