sponsor

Cambiar tamaño del texto


Sports

Tamaño del texto: 10 12 14 16 18

Celebración do Día Mundial da Educación Social

Dende algúns anos vense celebrando o 2 de Outubro como día Mundial da Educación Social para contribuír á visibilización e dignificación da nosa profesión.

Para conmemorar este día o Ceesg escolleu o 7 de outubro no que realizará o Acto de Celebración do Día Mundial da Educación Social.

O programa de actividades consistirá en:

Apertura e benvida ao acto.
- Beatriz Mato Otero, Conselleira de Traballo e Benestar (Pendende de confirmar)
- Alberto Fernández de Sanmamed, Presidente do Cgcees.
- Sofía Riveiro Olveira, Presidenta do Ceesg.
- Mariló Candedo, presidenta de Nova Escola Galega.

Merenda solidaria de comercio xusto.
Exposición das experiencias finalistas galegas do Concurso de Proxecto de Educación Social "Memorial Toni Julià" e entrega de premios.

Actuación musical.

O acto terá lugar de 18:00 a 20:00 h aproximadamente.

Dende o Ceesg queremos convidarvos a participar deste día tan importante para a nosa profesión, así como a coñecer as experiencias que compañeiras e compañeiros están levando a cabo en Galicia e que presentaron o Concurso "Memorial Toni Juliá", un dos principais impulsores da Educación Social no Estado.

Fashion