sponsor

Cambiar tamaño del texto


Sports

Tamaño del texto: 10 12 14 16 18

Que son os SERI?

  •      SERI: Servizo de Resposta Inmediata
    SERI: Servizo de Resposta Inmediata

Antecedentes

O proxecto de reforma administrativa desenvolvido pola Xunta de Galicia permitiu dispoñer dun sistema de xestión integral para a tramitación dos procedementos administrativos que sexan iniciados polo cidadán, logo de solicitude do interesado: axudas e subvencións, autorizacións, permisos e licencias.

Esta plataforma, unida ó traballo constante de realización de procedementos, permite establecer servizos singulares de atención ó cidadán. Neste contexto nacen os SERI, Servicios de Resposta Inmediata, co obxectivo fundamental de contimuar mellorando as relacións dos cidadáns coa Administración, o que constitúe un dos eixos fundamentais do proxecto de reforma administrativa.

Que son os SERI?

Son unidades administrativas dentro de cada consellería, responsables de xestión dunha serie de procedementos iniciados polo cidadán, que teñen como principal característica a de que a resolución do procedemento se dá no momento á vista da documentación prestada polo interesado.

Características do SERI

  • Están física e visualmente diferenciados do resto dos servicios da Xunta en cada edificio administrativo.
  • Existen tantos SERI como procedementos susceptibles de seren tramitados deste xeito.
  • Son fácilmente localizados polos cidadáns. Teñen unha imaxe corporativa que facilita:
    • A identificación visual de cada un deles.
    • A identificación xeral do conxunto de SERI que existan nun complexo administrativo.
    • O acceso a eles do cidadán mediante unha sinalización específica para o efecto en cada instalación.
  • Dispoñen dos sistemas informáticos que fan posible a tramitación inmediata.
  • O número de SERI é ampliable, na medida en que a realización dos procedementos faga posible que aquéles se convirtan en procedementos de resposta inmediata por parte da Administración.
  • Poderán prestar servicios SERI entidades diferentes da Administración autonómica que, con tódalas garantías para o cidadán, subscriban o correspondente convenio de colaboración.

Fashion