sponsor

Cambiar tamaño del texto


Sports

Tamaño del texto: 10 12 14 16 18

A FAVEC pídelle ao Alcalde que rectifique as medidas que dificultan o acceso de público aos Plenos.

O movemento veciñal oponse á prohibición de acceso ao Pleno a quen porte carteis ou a quen tivera participado presuntamente en incidentes previos.

A Federación de Asociacións Veciñais de Vigo “Eduardo Chao” ven de remitirlle, a través do rexistro telemático do Concello, unha carta ao Alcalde na que lle demandan que proceda á rectificación urxente das medidas que se teñen adoptado dun tempo a esta parte e que dificultan o acceso da cidadanía ás sesións plenarias.

Na misiva, o colectivo veciñal denuncia filtros policiais obxectivamente excesivos, rexistros abusivos e a identificación no acceso. Así mesmo rexeita con especial énfase a recente prohibición de acceder ao Salón de Plenos a quen porte carteis ou a quen presuntamente participase dalgún incidente no desenvolvemento dun Pleno anterior, medidas que cualifican de “arbitrariedades fondamente antidemocráticas que vulneran dereitos fundamentais”.

Nese senso desde a FAVEC afirman que a Casa do Concello debe ser a casa de toda a cidadanía viguesa, e que nela ademais de escoitar o que se debata a veciñanza ten que poder expresarse, sen que iso altere o desenvolvemento das xuntanzas, tanto para manifestar adhesión a través do aplauso como rexeitamento portando consignas en carteis ou camisolas. “Só se pode discrepar deste extremo desde concepcións de escaso ou nulo compromiso democrático” conclúen.

Así mesmo lémbranlle ao Alcalde “a natureza pública desas sesións así como o dereito da cidadanía a asistir ás mesmas”, acrecentando que “non se trata de concesións graciosas nin potestativas, senón de dereitos esencias sobre os que se debe asentar unha xenuína democracia no ámbito municipal”.

Fashion