sponsor

Cambiar tamaño del texto


Sports

Tamaño del texto: 10 12 14 16 18

Diante da reunión do Comité Intercentros co Secretario Xeral de Educación

CCOO critica a política “economicista” da Consellería de Educación na organizacións dos comedores escolares.

CCOO esixe unha organización do servizo público de comedores escolares que responda a criterios de calidade.

14 de xullo de 2010

A Federación do Ensino de CCOO denuncia a política economicista da Consellería de Educación no que respecta a organización dos servizos públicos e neste caso concreto á organización dos comedores escolares.

Hoxe, 14 de xullo o Secretario Xeral de Educación recibiu ao Comité Intercentros do que forma parte CCOO. Nesta xuntanza, desde CCOO-Ensino achegámoslle, unha vez máis, ás nosas reivindicacións:

- non ao peche dos comedores escolares no rural,

- non a redución de persoal nos comedores escolares

- aclaración das instrucións dos comedores escolares para o curso 2010-2011.

A contestación do Secretario Xeral limitouse a basear estas accións na ausencia dun maior presuposto que puidera cubrir outras demandas.

Para CC.OO é inadmisible o desmantelamento e a privatización dos servizos públicos e complementarios no medio rural baseándose en criterios económicos. Os servizos educativos e complementarios teñen que ser xestionados directamente pola Administración, garantindo así a calidade e o carácter público dun servizo fundamental como son os comedores escolares e que afecta directamente a toda a comunidade educativa.

Desde CCOO-Ensino esiximos á Consellería o compromiso real e efectivo cos servizos públicos de calidade no medio rural. Esiximos unha organización do servizo público de comedores escolares que responda a criterios de calidade.

Jorquera: “En España hai dúas crises: económica e democrática”

O discurso do BNG no debate do estado da nación será moi crítico, as medidas do Goberno están mal enfocadas”.

XORNAL.COM 14/07/2010 - 11:25 h.

“O Executivo socialista está nunha situación de absoluta soidade froito dunha xestión equivocada das políticas económicas”. Francisco Jorquera, deputado do BNG no Congreso, é tallante e avisa de que a súa intervención dentro do debate sobre o estado da nación será dura. O Bloque denuncia que en España hai unha crise económica mal xestionada e unha “crise democrática que se basea na recentralización política”.

Hoxe comeza o debate sobre o estado da nación. Con que ánimo acode o Bloque a esta cita?

Podo anticipar que o noso discurso vai ser moi crítico. Vaino ser porque discrepamos profundamente do xeito no que o Goberno está orientando as medidas contra a crise económica. Entendemos que todas as súas medidas de loita contra a crise están mal enfocadas. En Europa estanse sacrificando moitas cousas fundamentais para loitar contra a crise, e se están a aplicar toda unha serie de dogmas fiscais que dificilmente nos van axudar a saír desta situación. Nun contexto de crise pensamos que é contraproducente unha redución drástica do investimento público e tamén neste contexto cremos que non se poden poñer en marcha medidas que reduzan o poder adquisitivo dunha parte da sociedade. Non podemos aceptar que os custes da recuperación económica teñan que descansar sobre os sectores máis desfavorecidos. Por todos estes motivos, imos ser especialmente críticos no noso discurso. A orientación das políticas económicas do Goberno non son boas, porque van nunha dirección de retroceso en materia de políticas sociais. Non obstante, ademais de centrarnos na situación da crise imos tocar outro punto moi importante.

Cal será ese segundo eixo?

Estamos ante unha situación de crise da democracia. Na nosa opinión, a democracia está en crise porque, cada vez máis, as decisións que teñen que ver coa vida e o desenvolvemento dos pobos non son tomadas polos organismos que emanan da propia vontade da sociedade. Os Gobernos estanse a converter en meros monicreques dunhas políticas que se deciden noutros ámbitos. Acabamos de velo: a vontade dun estado autonómico, aprobado mesmo por referendo, vese cortada pola decisión dun Tribunal Constitucional. Neste debate queremos alertar dunha cousa: está a darse unha viraxe recentralizadora moi forte nas políticas a nivel de Estado. Esta viraxe recentralizadora está presente, por exemplo, na sentenza sobre o Estatuto catalán e tamén no resto de políticas que se están levando adiante dende o Estado. Estamos apostando pola recentralización desde o momento no que o Executivo pula por un modelo de reestruturación financeira que abre a porta á bancarización, privatización e desterritorialización das caixas. Dende o noso punto de vista, non é positivo concentrar o poder económico para tratar de saír da crise.

Supoño que tamén tocarán temas que afectan de forma máis específica á comunidade galega?

Por suposto que, ao longo do debate, imos tocar moi fondamente temas fundamentais que afectan a Galicia. Centrarémonos nas nosas infraestruturas, nos sectores produtivos, no leite, no campo e tamén en que medida a reestruturación eléctrica vainos afectar, especialmente coa Lei do Carbón. Todo o que ten que ver con Galicia vai a ser demandado na nosa intervención.

Como ve neste momento o Goberno? O presidente Zapatero afronta un debate que, quizais, sexa o máis duro que tivo ata o momento nesta lexislatura.

Nós non somos amigos de personalizar as críticas, somos máis de deixar patentes as evidencias, pero neste caso está claro que Zapatero perdeu gran parte da credibilidade e da confianza coa que empezou esta lexislatura. Creo que o Goberno está pagando en gran parte o pecado orixinal dunha lectura errónea da situación económica e política ao inicio da lexislatura. O Executivo tardou moito en asumir que había unha situación de crise económica, e iso fixo que impulsase unhas medidas moi erráticas. Tamén houbo unha lectura errónea da situación no político. O Goberno sobrevalorou a súa posición logo das últimas xerais e gobernou como se tivese maioría absoluta, sen nin tan sequera negociar acordos para a investidura do presidente. Tampouco fixo acordos estables de lexislatura e iso o que fixo foi debilitar a súa situación. Así, estes momentos de grande debilidade levárono a abdicar do seu discurso e a resignarse a ser un mero instrumento das políticas doutros. Un dos elementos máis importantes deste debate vai estar en se Zapatero esclarecerá ou non os apoios parlamentarios que vai a ter para sobrelevar o que lle queda de lexislatura. Neste momento, creo que o Executivo socialista está nunha situación de absoluta soidade e illamento froito desas lecturas equivocadas e da xestión da situación política e económica.

Semella que o Executivo non contará co apoio dos nacionalistas, cousa que si que ocorreu no pasado.

O Goberno Zapatero acabou interiorizando o discurso que lle fixo o PP toda a lexislatura pasada e rematou por pensar que, efectivamente, estaba a ser refén dos nacionalismos. Iso fixo que nesta lexislatura dese un xiro fortemente recentralizador e acabase coas políticas que antes apoiaba e que pulaban pola pluralidade de España. A consecuencia de que todo isto ocorrese é que o Goberno atópase agora mesmo sen apoios.

Cal pensa que será o papel que xogarán neste debate os partidos catalanistas logo da sentenza do Estatut e a manifestación en contra da pasada fin de semana?

Eu non podo prexulgar cal vai ser o discurso doutras forzas políticas pero, dende logo, as consideracións políticas que poidan emanar da sentenza do TC sobre o Estatut van estar presentes en moitos discursos. Creo que ocorrerá con toda probabilidade nos discursos de CiU, no de ERC, e no de ICV e tamén no do PNV. Dende logo, a nós nos preocupan moito as consecuencias que se derivan do tesoirazo dado polo Constitucional ao Estatut, non só por solidariedade con outro territorio senón polo precedente que marca no desenvolvemento autonómico. A posición do Goberno con respecto á sentenza é sintomática e é unha mostra máis do seu xiro recentralizador, ao igual que é outra mostra destacada o recurso presentado á Lei de Caixas de Galicia. Sabemos que a sentenza a emitiu o Constitucional pero o Goberno é responsable na medida en que non renovou os seus membros e na medida na que non defendeu un texto que o propio presidente do Goberno apoiou no seu momento.

As filtracións dos últimos días apuntan a que Zapatero quere que este debate non se acabe centrando unicamente nos impostos. Cre que é posible obviar os temas fiscais?

O debate de política xeral non só serve para debater a respecto das novas iniciativas que o Goberno anuncia, senón que tamén serve para facer un balance das políticas levadas a cabo polo Executivo no que levamos de lexislatura polo que, por moito que Zapatero non queira que se fale de política fiscal aquí e das súas medidas, non o vai poder impedir. É moi curioso que todas as políticas e normas que se están levando a cabo sexan claramente recentralizadoras. Así o son medidas como as adoptadas na reforma da Lei do Sistema Financeiro, que aposta pola bancarización e a privatización das caixas, e na reforma do sistema de pensións, que se vai traducir nun novo recorte de dereitos. O Executivo estatal está a apostar por estas medidas mentres que dá as costas a outro tipo de propostas que apostan porque sexan as rendas máis altas as que teñan que facer máis sacrificios fronte á crise e non ao revés. Entendo que todos estes temas estarán presentes no debate por moito que dende o Goberno queiran derivalo na preparación do debate sobre os presupostos.

As mesmas filtracións din que o presidente demandará unidade e lealdade ás outras forzas políticas. Un dos temas a tratar será a reforma das pensións. Pode chegar o BNG a pactos nese asunto?

Creo que a reforma das pensións non vai polo camiño axeitado. Non pode ser que para saír da crise, o Goberno estéalle a facer caso aos grandes sectores financeiros e aos grupos de poder que, precisamente, foron os que xeraron esta situación. Creo recordar que hai 30 anos xa se dicía que o sistema de pensións era insostible se non se introducían reformas substanciais. Hai 30 anos xa se dicía que nos tempos de hoxe non aguantariamos. A realidade é que a caixa das pensións ten un superávit de 50.000 millóns de euros. Tamén hai que recordar que a idade real de xubilación no Estado español xa está por encima da media da Unión Europea. A reforma das pensións, tal e como a propón o Goberno, é unha norma regresiva. Prolongar de xeito lineal a idade de xubilación é algo moi inxusto porque a esperanza de vida non é igual en todas as clases sociais. Ampliar o tempo de cómputo tradúcese nunha pensión máis reducida, tendo en conta que acostuman a ser os últimos anos da vida laboral dun traballador o período no que perciben unha remuneración mellor. Desde o noso punto de vista, a reforma do Goberno non fará máis que converter as pensións nun novo elemento de negocio, abrirá a vía para incentivar á xente a apostar por plans de pensións privados. No ámbito do Estado español e no ámbito da UE non se están a atacar ningunha das vías polas que realmente xurdiu á crise. Dende o Bloque non entendemos como se pode falar dende o Goberno de que os cidadáns teñen que acostumarse a que non todo pode ser gratis. Que queren dicir? Aquí nada é gratis porque a Sanidade que eu saiba a pagamos todos cos nosos impostos, como as demais cousas.

Despois do debate do estado da nación vén o dos orzamentos xerais do Estado. Pode avanzar algo sobre a postura do Bloque?

O BNG sempre tivo, e ten, disposición ao diálogo para explorar puntos de encontro que permitan chegar a un acordo. Con todo, á marxe desta vontade, hai que constatar a realidade, e a realidade é que as propostas de reforma que está poñendo o Goberno sobre a mesa van na dirección equivocada polo que é imposible chegar a acordo. Por outro lado, nos orzamentos xerais do Estado terán que ter plasmación moitos dos plans e reformas que o Executivo está levando a cabo co noso rexeitamento e desacordo. Non podemos apostar por unha redución da inversión pública nin por un recorte no gasto social.

Como ve o papel do PP? Rajoy di que presentará a súa propia receita para saír da crise.

Pois se o fai, dende logo sería unha enorme sorpresa porque a estratexia do PP parece que é non dicir nada e deixar que o Goberno se coza só na salda da crise. Eles pensan que é mellor estar calados e herdar o Goberno como unha mazá que cae dunha árbore debido ao desgaste da crise. Este Goberno está facendo o traballo suxo. Impulsa unha serie de medidas que son do agrado do PP e lle aforran ter que impulsalas no caso de que cheguen ao poder.

Desarticulado un grupo “hacker” dedicado al ataque de páginas web de entidades públicas y privadas

El grupo había atacado y modificado entre otras, las páginas web del Partido Socialista de Madrid, Partido Popular, programa “Sálvame” de Telecinco y la del Defensor del Menor de Madrid.

Los ataques se producían mediante la técnica denominada “DEFACEMENT”, consistente en el acceso a servidores de web, aprovechando errores de configuración o de sistema y modificando los contenidos de estas

14 Julio de 2010. La Guardia Civil en la operación PIRULIN llevada a cabo en Valencia, La Coruña, Madrid y León, ha procedido a la detención de TRES personas (dos de ellos menores de edad) y la imputación de otro menor, por delitos de daños en sistemas informáticos y descubrimiento y revelación de secretos.

El grupo de hackers desmantelado había accedido a servidores de páginas web, atacando y modificando entre otras, páginas del Partido Socialista de Madrid, Partido Popular, programa Sálvame de Telecinco, Defensor del Menor de la CC.AA de Madrid, etc.

La operación policial se inició a raíz de las denuncias interpuestas por representantes del Partido Popular y de los administradores de la página web del programa televisivo “Sálvame”, sobre determinados ataques a sus páginas.

A partir de este momento el Grupo de Delitos Telemáticos de la Unidad Central Operativa de la Guardia Civil inició las investigaciones oportunas para identificar a la persona/s autoras de los ataques, así como el alcance de los mismos, tanto a las webs de los denunciantes como otras que pudieran haber sido víctimas .

Técnica “DEFACEMENT

Fruto de la investigación se averiguó que los ataques habían sido cometidos por un grupo de hackers mediante la técnica denominada “DEFACEMENT”, consistente en el acceso a servidores de páginas web, aprovechando errores de configuración o de sistema y modificando los contenidos de éstas; afectando de esta manera a la imagen institucional de las mismas o de personas con ellas relacionadas.

El grupo de hackers desmantelado, autodenominado “K0 Team”, creado el pasado mes de junio por cuatro jóvenes autodidactas conocidos por los nicks o alias “xassiz, kr0no, Ca0s y K41S3R”; se habían conocido a través de portales de Internet de temática hacker, sin haberse visto personalmente.

Estos jóvenes decidieron crear el grupo para poner en práctica los conocimientos que compartían sobre programación y hacking, divulgando sus hazañas en un conocido portal de Internet utilizado por hackers, donde se auto atribuían el “defacement” de veintinueve páginas webs en tan solo quince días.

Una vez que habían cometido los ataques, intentaban eliminar de los servidores perjudicados los rastros tecnológicos dejados en su intrusión.

El acceso a los servidores para modificar las páginas, igualmente les permitía acceder a información personal vinculada a estas, interviniéndose a uno de los detenidos una base de datos con más de ciento veinte mil usuarios de una popular web televisiva, lo que motivo la celeridad en las actuaciones sin que hasta el momento se tengan indicios de la utilización o comercialización de dichos datos.


Fashion