sponsor

Cambiar tamaño del texto


Sports

Tamaño del texto: 10 12 14 16 18

Roteiro e magosto o sábado, día 30 de outubro no Courel

A rede de colectivos Galiza non se vende e a Asociación SOS Courel, convídanvos a un roteiro e un magosto reivindicativos.

Só tedes que avisar de cantos/as vides para calcular o viño e as castañas que necesitamos, soscourel@mundo-r.com, ou telf. 607225887

PROGRAMA:

  • Roteiro: Quédase ás 11:00 no desvío de Ferreirós de Arriba, na estrada principal do Courel, a LU -651, entre os quilómetros 27 e 28, a un quilómetro de Ferreirós de Abaixo (Bar Pontón). Pódese aparcar no campo de fútbol que está a 200 metros do desvío.
  • Ten un percorrido circular de 10 quilómetros, cunha dificultade media baixa.
  • Na seguinte foto podemos ver o corno do Pico do Côto, o desvío de Ferreirós(na escombreira) e o Campo de fútbol. Non teñades mágoa, hoxe xa volve estar verde e fermoso!

https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEgVYAMROCMU8wicJPj2Y1S14ovkdtv62zeIMT17HHPKILMSqw0bN2gfbPIoVbiKIupkSsl0CprmsdSRh0jKnofAgiWDf7nWopUXIP842bIMgocX0tYopB8vw4rlqne0H60s8kFPWkeBjP0/s1600-h/DSC03617.JPG

  • Ás 16:30, En Ferreirós de abaixo, preto do bar O Pontón, empezarase a facer o lume e asar as castañas.
  • Acordádevos de traer gaitas, tambores, pandeiros,…..
  • Traede auga e bocadiños para o xantar.
  • Tamén podedes meter unhas luvas na mochila por si se nos ocorre algún traballo divertido.
  • Para xente que se quede toda a fin de semana prepararemos máis rutas e visitas.
  • Estes son os teléfonos dos establecementos:

http://personal.telefonica.terra.es/web/peral/paginacaurel/lista.htm o do albergue cambiou, agora é o 649651041

  • Se non hai aloxamento habilitaremos sitio para durmir no chan.

SOS Courel

Galiza Non Se Vende

Fashion