sponsor

Cambiar tamaño del texto


Sports

Tamaño del texto: 10 12 14 16 18

RAQUEL DÍAZ ASEGURA QUE OS GASTOS CRITICADOS POLO PP TEÑEN A APROBACIÓN DA ASESORÍA XURÍDICA, DE FISCALIZACIÓN E DO MESMO PP

Ø A concelleira de Economía e Facenda explicou que, tal e como prevé a lei, os acordos adoptados sen fiscalización pasaron pola Mesa de Contratación, na que hai representantes de fiscalización, asesoría xurídica, Secretaría e membros do PP

Ø Raquel Díaz explicou que o grupo popular volve a “mentir, a calumniar e a falsear coa intención de torpedear as accións de goberno”

Ø A edil lémbralle ao PP que os recoñecementos extraxudiciais de creto da memoria da conta xeral son “facturas que o PP deixou sen pagar” e insta a Corina Porro a que sexa ela quen explique “por que aínda aparecen facturas de gastos adxudicados a dedo, sen pagar”

Vigo, 1 de setembro de 2010.A concelleira de Economía e Facenda, Raquel Díaz, asegurou hoxe que os denominados “acordos adoptados sen fiscalización” son licitacións e concursos públicos que teñen pasado pola Mesa de Contratación, na que hai unha representación de fiscalización, un asesor xurídico, representante da Secretaría do Concello e membros do PP, entre outros.

Así aludiu a que todos os gastos recollidos neste apartado previsto pola lei seguiron o proceso de licitación pública, votados favorablemente por todos os membros da Mesa de Contratación e foron adxudicados en Xunta de Goberno. É máis, explicou Díaz que os gastos que agora critican os populares “o PP votou a favor deles, absolutamente a todos”. “Temos a aprobación de asesoría xurídica, de fiscalización, do PP e todo elo nos lexitimou a levalo á Xunta de Goberno”, afirmou.

A lectura política realizada pola concelleira socialista é a de que unha vez máis o grupo da oposición “volve a mentir, a calumniar, a falsear e a manipular” coa intención de “torpedear as accións do goberno local e do alcalde de Vigo”.

A responsable de Economía e Facenda explicou de xeito pormenorizado os casos previstos na lei nos que se poden levar adiante tres tipos de gastos sen control fiscal. Ademáis dos referidos acordos adoptados sen fiscalización, inclúense tamén os “Recoñecementos extraxudiciais de creto”, relativos a aqueles gastos realizados a pesar de non haber partida orzamentaria. Neste apartado a concelleira socialista lembroulle ao PP que “o que aparece este ano na memoria da conta xeral como recoñecementos extraxudiciais de creto son máis facturas que o PP deixou sen pagar e que seguimos atopando en caixóns”.

Neste punto quixo subliñar a modificación de creto que tivo que facer o actual goberno socialista en xuño de 2007, un mes despóis de chegar á Alcaldía, “para pagar 14,3 millóns de euros en facturas que o PP deixou sen pagar e que a señora Porro adxudicou a dedo, sen control”, dixo.

“Eso foi o que nos deixou o PP”, insistiu Díaz, ao tempo que instou a Corina Porro a que sexa ella a que explique “por que na conta deste ano aínda aparecen facturas que estaban sin pagar”.

Raquel Díaz asegurou ademáis que os datos aos que fan referencia son da Conta Xeral do Concello de Vigo, informada na Comisión especial de Contas o 4 de xuño- comisión presidida polo edil do PP Ignacio López Chaves-, e publicada no BOE para consultar e “facer as reclamacións oportunas”. Díaz lembrou tamén que estas contas “non recibiron nin unha sola reclamación”.

Entre outros datos a edil de Facenda incidiu en que o concello vigués “é o máximo exemplo de transparencia, o menos endeudado de España e o máis inversor” ademáis de ter pasado de ser “a ovella negra a ser un exemplo para outros concellos”, explicou.

Tamén aludiu Raquel Díaz aos 2 millóns de euros que Corina Porro, segundo afirmou, “gastou en publicidade en 6 meses, da campaña electoral que pagou con cartos de todos os vigueses e tamén do Areal”. Aquí relatou os gastos en alfombras ou cortinas de 20.000 euros que gastou “a dedo, sen fiscalizar”. “A señora Porro ten centos de expedientes sen fiscalizar que tivemos que solucionar nos, que ella malgastou, dilapidou, derrochou... e quen paralizou todo ese xeito de actuar foi Abel Caballero”, matizou. Mobiliario e parte de reformas do edificio do Areal que, tal e como apuntou a concelleira, “están aínda sen pagar e o día que se paguen aparecerán como recoñecementos extraxudiciais de creto”

No que respecta a outro dos casos de gastos sen control fiscal, como son as convalidacións, reducíronse co goberno socialista en 1 millón de euros o que a xuizo de Raquel Díaz “implica que sí estamos querendo actualizar”.

Fashion