sponsor

Cambiar tamaño del texto


Sports

Tamaño del texto: 10 12 14 16 18

A CIG-Construción denuncia o despedimento de 12 traballadores aos que se lles adebedan salarios

Paralizaron unha obra da empresa Aldesa en Nigrán en protesta pola situación na que os deixa a subcontrata

Unha ducia de traballadores que participaban na construción dunha nave no polígono industrial do Molle, en Nigrán, manteñen paralizada a obra dende o venres para esixir o pago dos salarios pendentes despois de que o encargado da subcontrata á que pertencían, Rentabilitum, lles comunicase por teléfono a rescisión dos contratos. Dende a CIG-Construción denuncian que intentaron negociar a súa continuidade con Aldesa, a compañía que executa os traballos, pero “din que non lles intresa porque prefiren contar con persoal subcontratado”

Para a central nacionalista esta situación exemplifica perfectamente o que está a suceder no sector da construción, onde a entrada dun cada vez maior número de subcontratas está a provocar tamén un incremento da precariedade laboral. De feito, o abandono da subcontrata responde, segundo a CIG, a que as cantidades que lle paga a empresa principal non lles chega para cubrir gastos. Dende a central adiantan que o máis probábel é que agora intenten contratar persoal en peores condicións.

No caso de Rentabilitum, empresa que traballaba para Aldesa na construción dunha nave industrial no polígono do Molle, o encargado comunicoulle por teléfono aos 12 traballadores que lles rescindía o contrato, pero non lles dixo nada de cando nin como ían cobrar os salarios de agosto e setembro, as horas extra e as liquidacións. Dende a federación da Construción da CIG explican que os operarios levaban estre dous e catro meses traballando nesta obra e que a subcontrata non lles abonou até o de agora ningunha hora extra.

Tamén denuncian que intentaron negociar con Aldesa para que se fixese cargo deles e puidesen seguir nos seus postos realizando labores de albanelería, xa que segundo as estimacións queda traballo aínda para un mínimo de catro meses. Pero a empresa recoñeceulles que prefire subcontratar o persoal a outras compañías, aínda que lles adiantou que se fará cargo das débedas.

Os operarios permanecen dende o venres bloqueando a entrada das obras e hoxe mesmo veñen de coñecer que Aldesa está disposta a pagarlles os salarios. Mañá están convocados pola empresa. Pola mañá recibiron a visita da Garda Civil, que identificou a un membro da executiva nacional da CIG-Construción.

Fashion