sponsor

Cambiar tamaño del texto


Sports

Tamaño del texto: 10 12 14 16 18
A CIG-Autonómica presentou hoxe, 18 de agosto, unha denuncia ante a AEPD pola cesión á INDRA SISTEMAS dos expedientes da Lei de Dependencia, e os datos sensíbeis neles contidos, sen o consentimento das persoas interesadas.

A CIG-Autonómica solicitou o día 9 de agosto unha entrevista coa Secretaria Xeral da Consellaría de Traballo e a paralización do proceso de envío de expedientes relativos á lei de dependencia a empresas privadas. Por resposta tivemos un escrito bochornoso onde se nos di que a privatización é unha proposta dos traballadores e se critica a xestión do bipartito.

Os expedientes da dependencia son cedidos a INDRA SISTEMAS sen o consentimento das persoas interesadas e sen que nas solicitudes conste de ningún xeito que van ser cedidos. Entre os datos sensíbeis que vai posuír esa empresa están informes de condicións de saúde, informes sociais de valoración da dependencia, declaración dos gardadores e dos responsábeis patrimoniais.

A CIG-Autonómica confía en que a Axencia de Protección de Datos inicie un procedemento de infracción polo uso indebido de datos persoais sensíbeis por parte da Consellaría de Traballo ao cedelos, sen o consentimento das persoas solicitantes, a unha empresa privada. Consideramos que os datos das persoas dependentes non poden ser obxecto dun negocio e menos que sexa a Administración quen alegremente os ceda.

Novas relacionadas:

Arquivos relacionados:

Fashion