sponsor

Cambiar tamaño del texto


Sports

Tamaño del texto: 10 12 14 16 18

CCOO vota en contra da modificación de postos de traballo do persoal laboral da Consellería de Educación por dous motivos fundamentais:

Primeiro, porque nesa proposta ven recollida a supresión de nove comedores escolares. É obvio que ningún neno quedará sen o servizo de comida, o que está en cuestión son as condicións en que se oferta por parte da administración educativa tal servizo así, como as consecuencias directas que leva consigo como é a desaparición de postos de traballo.

En segundo lugar porque a Consellería de Educación ten a obriga de ofertar un servizo con criterios de calidade e garantías hixiénico –sanitarias.

Para CCOO segue a ser prioritario a defensa dos dereitos laborais dos traballadores e traballadoras dos centros públicos polo que seguiremos a defender o caracter público dun servizo tan importante como é o dos comedores escolares e no que están implicados todos os membros da comunidade educativa.

Isto amosa a política de recorte levada acabo por parte da administración nos servizos públicos esenciais.

Fashion