sponsor

Cambiar tamaño del texto


Sports

Tamaño del texto: 10 12 14 16 18

A Consellería de Educación reduce a oferta na formación profesional pública

CCOO esíxelle á Consellería unha modificación na súa política respecto da formación profesional no ensino público

A Federación do Ensino de CCOO denuncia, novamente, a actitude da Consellería no desenvolvemento da formación profesional no ensino público.Na actual situación de crise económica, na que o mercado laboral demanda a profesionalización dos traballadores, se cabe máis ca nunca, a Consellería fai caso omiso e toma medidas encamiñadas á redución do investimento nas ensinanzas de formación profesional no ensino público.

A primeira medida que tomou foi o recorte drástico da oferta de ciclos formativos que afectou directamente a vinte en toda Galicia, unha gran parte pertencentes á familia de Electricidade e Electrónica. Pero non queda aí, xa que este recorte da oferta será máis significativo despois dos períodos de matrícula, pola modificación nas ratios de alumnado.

Outra medida que leva a cabo é seguir permitindo máis ciclos nos centros privados pero non nos públicos. É dicir, cando existe máis demanda para un ciclo formativo que oferta de prazas, a Consellería autoriza a creación de novas unidades nos centros privados pero non así nos públicos. O alumnado dos centros públicos só ten dúas opcións: ou elixir outro ciclo formativo ou matricularse nun centro privado. Promover a formación profesional privada con esta política encuberta é inadmisible.

CCOO-Ensino considera que a Consellería non responde á necesaria preparación de estudantes que serán os traballadores e traballadoras do futuro.

CCOO-Ensino esíxelle á Consellería un xiro de cento oitenta graos na súa política con respecto á oferta de ensinanzas de formación profesional no ensino público.

Fashion