sponsor

Cambiar tamaño del texto


Sports

Tamaño del texto: 10 12 14 16 18

A CIG denuncia que os traballadores/as do periódico A Nosa Terra levan varios meses sen cobrar.


A central lembra que a dirección da empresa comprometérase a liquidar os atrasos e presentar un plan de viabilidade

A Federación de Químicas e Enerxía da CIG denuncia a situación laboral que dende hai meses están a padecer as traballadoras e os traballadores do xornal A Nosa Terra. Dende a central nacionalista explican que os empregados/as do periódico con sede en Vigo teñen varias nóminas pendentes de cobro e non descartan iniciar mobilizacións para reclamar unha solución.

O secretario nacional da Federación de Químicas e Enerxía da CIG lembra que a dirección da empresa comprometérase ante o delegado sindical tanto a liquidar os atrasos pendentes como a presentar un plan de viabilidade para a compañía. Alberto Gonçalves critica que a día de hoxe ningunha das dúas cousas se materializou. “Non elaboraron o plan nin pagaron as débedas, senón todo o contrario xa que as cantidades foron incrementándose”, sostén.

Dende Químicas e Enerxía sinalan a “mala xestión” como responsábel da situación que atravesa a compañía e reclaman aos seus representantes “un cambio de rumbo” que poña fin aos problemas económicos.

Finalmente, adiantan que os traballadores/as poderían iniciar nos vindeiros meses un calendario de mobilizacións que incluiría paros dunha hora ás portas das instalacións que a empresa posúe na viguesa rúa do Príncipe.

Fashion