sponsor

Cambiar tamaño del texto


Sports

Tamaño del texto: 10 12 14 16 18

O EXERCICIO LIBRE DO XORNALISMO EXIXE ROLDAS DE PRENSA CON PREGUNTAS

A Agrupación de Xornalistas de UXT reproba as comparecencias sen preguntas e os vídeos con declaracións

[08/06/2010] A Agrupación de Xornalistas da Federación de Servizos de UXT fai un chamamento aos partidos políticos españois para que eliminen da súa estratexia de comunicación as comparecencias de prensa sen preguntas e os vídeos con declaracións, xa que impiden o dereito da cidadanía a ter unha información plural e democrática.

Tamén emprazan aos directivos dos medios de comunicación a que non envíen aos xornalistas a cubrir este tipo de comparecencias. No relativo aos vídeos ou cortes radiofónicos con declaracións estimamos que non se deben emitir e, se se tomou a decisión de facelo, que se avise á audiencia da procedencia e de como foi obtida esa información.

O exercicio libre da profesión xornalística esixe roldas de prensa e entrevistas onde o xornalista pregunte e repregunte sobre os temas que considere informativamente relevantes tanto para o medio de comunicación en que traballa como para a sociedade en xeral. O uso das comparecencias só ten sentido cando esta técnica de comunicación utilízase de forma extraordinaria ou excepcional e sobre temas que afecten á sociedade española no seu conxunto.

Desde a Agrupación de Xornalistas de UXT tamén recomendan que cando se envíe un comunicado de prensa deste se faga sempre responsable unha persoa de contacto para que o xornalista poida ampliar a información se así o estima conveniente para exercer o seu labor profesional.

Fashion