sponsor

Cambiar tamaño del texto


Sports

Tamaño del texto: 10 12 14 16 18

ACORDO COMISIÓN ASUNTOS EUROPEOS 04/05/2010

08/PNC-0136 (3354)

“O Parlamento de Galicia insta ao Goberno da Xunta a:

1. Someter ao Comité das Rexións da Unión Europea a aprobación dun acordo para que as institucións europeas revisen as decisións adoptadas no ámbito do chamado “chequeo médico” da Política Agraria Común en relación co sector lácteo referidas á fin dos mecanismos de regulación do mercado e da produción de lácteos así como da decisión de incrementos lineais de cota en todos os Estados membros que comporta esa “aterraxe suave” no escenario do 2015.

2. Apoiar unha PAC dotada con suficientes fondos, caracterizada pola utilización de criterios de cohesión social e territorial, respectuosa co medio ambiente e esixente coa seguridade e calidade alimentaria, e na que as axudas se manteñan vinculadas ao mantemento da actividade agrogandeira.

3. Dotar un fondo lácteo coa suficiente consignación orzamentaria destinado a aquelas explotacións con vontade de permanencia e viables, especialmente ás que realizaron un esforzo económico no pasado para o seu dimensionamento, e que sitúe ás explotacións galegas nun eventual escenario sen continxentación en igualdade de condicións para competir nese novo escenario.

4. Impulsar normativas destinadas a mellorar a regulación da conformación do prezo do leite no mercado, revisando a normativa en materia de competencia, avanzando na regulamentación dos contratos homologados para dotar de capacidade de negociación aos produtores, co obxectivo de mellorar as rendas dos gandeiros e das gandeiras e evitar o abandono e o peche de explotacións.

5. Remitir este acordo ao Goberno do Estado para que defenda, naqueles foros nos que ostenta a representación dos intereses do Estado estas mesmas premisas en relación coa política agraria común.”

Fashion