sponsor

Cambiar tamaño del texto


Sports

Tamaño del texto: 10 12 14 16 18

MAR BARCÓN INSTA A RUEDA A ASUMIR A SÚA RESPONSABILIDADE NA ESTRATEXIA SEGUIDA POLO GOBERNO GALEGO RESPECTO ÁS CAIXAS EN LUGAR DE BUSCAR FALSOS CULPABLES

Barcón sinala que a liña seguida por Feijóo e Rueda sobre as caixas “non colleitou máis que fracaso tras fracaso” e pide “que deixen de interferir”

Santiago de Compostela, 29 de marzo de 2010.- A portavoz do PSdeG, Mar Barcón, instou hoxe ao secretario xeral do PP, Alfonso Rueda, a asumir a súa responsabilidade na estratexia seguida polo Goberno galego respecto ás caixas, en lugar de buscar falsos culpables.

Barcón sinalou que Rueda “perdeu xa toda a súa credibilidade” despois de planificar unha estratexia “que non colleitou máis que fracaso tras fracaso” e lamentou que “en vez de asumilo, Rueda e Feijóo se limiten a buscar culpables para tapar as súas incapacidades”.

“Esta folla de ruta esta levando ao Goberno galego ao absurdo de, tendo maioría absoluta, culpar a todos os demais dos seus propios fracasos como se dunha aloucada conxura mundial contra Galicia se tratara”, sinalou a portavoz do PSdeG.

“Afortunadamente, a estas alturas, todos os galegos coñecen o espantoso ridículo protagonizado polo Goberno galego, dicindo unha cousa e a contraria ao mesmo tempo”, apuntou Barcón, quen engadiu que, a pesar do “papelón” de Feijóo e Rueda respecto ao futuro das entidades de aforro galegas “as caixas chegarán a acordos cando elas así o decidan e o Banco de España o avale”.

Por elo, lanzou unha mensaxe a Rueda pedíndolle “que deixe de interferir e estorbar ás caixas e ao Banco de España” e que tanto el como Feijóo “se manteñan ao marxe, para deixar que traballen e cheguen a acordos con liberdade e tranquilidade”.

Fashion